Saltar navegación

Táboas accesibles

Infórmate

É frecuente empregar táboas para inserir datos nelas de xeito ordenado.


Código HTML...

En HTML, as táboas codifícanse mediante o elemento <table>. En caso de usarse para organizar datos, o elemento <table> pode conter o atributo summary para incluír un resumo que explique o contido e a estrutura da táboa.

Exemplo:

< table summary="A seguinte táboa expresa a evolución do turismo en España dende 2005 ata 2008, de maneira que na primeira fila se colocan os anos de forma sucesiva e na respecticas filas: turistas en España, incremento de turistas e total de turistas"> Esta etiqueta <table summary> debe introducirse a man.

Igualmente, pódese proporcionar un título á táboa incluíndo no seu interior o elemento colector <caption>, dentro do cal se inclúe o texto do título. Por outro lado, a reixa da táboa divídese, en primeiro lugar, en filas, mediante o elemento colector <tr>. Dentro de cada fila, inclúense as celas individuais, que poden ser de dous tipos:

  • Celas de encabezamento: Aquelas que definen as características ou atributos dos datos exprésase co elemento colector <th>
  • Celas de datos: Se as táboas se usan para maquetar contido, este é o único tipo de celas que debe usarse. As celas de datos márcanse co elemento colector <td>

Exemplo: O código da táboa sobre os iDevices de máis arriba, comeza así:

< table border="0" align="center"><caption><em>iDevices usados neste curso: Icona, denominaci&oacute;ns e funci&oacute;ns</em></caption >
<Tbody>
<Tr>
< td>Sen icona</td >
<Td>
< p>Texto libre</p >
< p>(Textual information)</p >
</Td>
< td>Sen denominaci&oacute;n</td >
<Td colspan="7">Este iDevice util&iacute;zase para aqueles textos que serven de transici&oacute;n duns apartados a outros. Aparecer&aacute; naqueles momentos nos que se considere preciso para xerar un "fio narrativo" que d&eacute; sentido ao curso virtual.&nbsp;</td>
</Tr>
etc...


 

Actividade - Táboas accesibles en eXeLearning

Icona das actividades

  • Creamos un iDevice novo, de texto libre por exemplo.
  • Inserimos unha táboa accesible similar a esta:
Título da táboa
Encabezado da 1ª columna Encabezado da 2ª columna
Dato 1a Dato 1b
Dato 2a Dato 2b
Dato 3a Dato 3b
  • Segue os pasos indicados nas imaxes:
Imaxe das iconas de edición dos iDevice. Sinálanse a icona para Insertar unha nova táboa.
Icona para insertar unha nova táboa. Dominio público

Dentro da lapela "Xeral" marcamos Título (para poder poñer un título á táboa), logo, dentro da lapela "Avanzado" no botón Resumen insertamos o resumo da táboa.

Habilitar celda para o título da táboa.
Habilitar celda para o título da táboa. Dominio público
Inserir o resumo dunha táboa en Insertar unha nova táboa.
Inserir o resumo dunha táboa en Insertar unha nova táboa. Dominio público

O uso de táboas para maquetar, aínda que non se prohibe explicitamente nas distintas versións das pautas WCAG, está desaconsellado a favor das follas de estilo, polo que calquera deseño novo debería evitar o uso de táboas co único propósito de maquetar contidos. Neste curso úsanse táboas nalgunha ocasión para maquetar contidos, como se aprecia na imaxe de máis arriba.

Actividade – Táboas accesibles en Moodle

Icona das actividades

Nun curso virtual Moodle, dentro dun recurso "Etiqueta", "Páxina web" ou "Libro" :

  • Inserimos unha táboa accesible similar a esta:
Título da táboa
Encabezado da 1ª columna Encabezado da 2ª columna
Dato 1a Dato 1b
Dato 2a Dato 2b
Dato 3a Dato 3b
  • Seguimos os pasos indicados nas imaxes:

Imaxe das iconas de edición dos recursos de Moodle. Sinálanse as iconas para crear unha táboa e para traballar a pantalla completa.

Iconas para crear unha nova táboa. Dominio público

Imaxe das iconas de edición dos iDevice. Sinálanse as iconas para editar unha táboa.
Iconas para configurar unha nova táboa. Dominio público

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)