Saltar navegación

Como facer cursos virtuais accesibles

Infórmate

Escaleiras accesibles
Gonmi. Escaleiras accesibles. CC BY

Crear contidos educativos, cursos virtuais... accesibles para todo o mundo independentemente das súas condicións persoais e dos medios informáticos á súa disposición é unha tarefa complexa, pero, polo menos no ámbito educativo, debemos procurar elaborar contidos o máis accesibles posibles.

A maior parte do software empregado para crear recursos educativos xa vén preparado para incorporar medidas para respectar as pautas de accesibilidade. Neste curso usaremos fundamentalmente Moodle e eXeLearning, que permiten introducir medidas de accesibilidade de xeito doado e cómodo. O problema maior adoita ser "querer facelo".

Respectando estas normas o recurso, curso... creado será accesible:

  • Definir correctamente os parágrafos:
    • En eXe, crear parágrafos novos pulsando UNHA soa vez en Enter.
    • Moodle non define os parágrafos correctamente (non coloca as etiquetas <p> e </p>) polo que debería editarse o código HTML diretamente.
  • Definir os títulos ou encabezamentos de sección:
    • Tanto en eXe coma en Moodle como en LibreOffice, empregar sempre o menú de Formato para configurar os títulos e numeralos consecutivamente, sen saltar a orde.
    • Numerar sempre os títulos e apartados:
      • En Moodle, comezar dende o título dos módulos do curso.
      • En eXeLearning, comezar dende a páxina de inicio de cada páxina web.
  • Definir correctamente as listas:
    • Crealas coas iconas do editor de texto: Listas ordenadas ou desordenadas.
  • Texto alternativo ás imaxes:
    • Identificar as imaxes con texto alternativo.
  • Táboas accesibles:
    • Poñerlles un título na casilla para iso.
    • Resumir o seu contido na casilla para iso.
  • Ligazóns:
    • Ou ben no texto da ligazón ou ben no texto alternativo debe indicarse que é unha ligazón.
    • Abrir as ligazóns preferentemente na mesma xanela e no caso de abrila en xanela nova debe indicarse nalgún dos textos (texto da ligazón ou texto alternativo).
    • Indicar nalgún dos textos o sitio web, documento... que se abrirá.
  • Separar contidos de apariencia:
    • Usar a ferramenta ou icona "Citas" exclusivamente para citas, non para sangrar párrafos.
    • Evitar o uso de táboas para maquetar.
    • Maquetar empregando follas de estilo css.

A continuación comentamos máis detalladamente as indicacións que debemos ter en conta. Explícanse a dous niveis:

  • A nivel de usuario de eXeLearning ou Moodle que non manexa, ou apenas o fai, código HTML e
  • Usuarios que manexan ou sinten curiosidade polo código HTML.
    Este segundo nivel ---oculto detrás de "En código HTML... "Preme aquí"---  é prescindible.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)