Accesibilidade web nos cursos virtuais
Separación entre contido e apariencia
Infórmate
Convén aclarar algúns aspectos relativos ás técnicas de maquetación empregadas no desenvolvemento web que poden influír sobre a accesibilidade, especialmente aqueles que teñen que ver cos usos incorrectos dos elementos estruturais para crear presentación visual.
- O elemento <blockquote> indica a presenza dun bloque de texto citado, e os navegadores habitualmente representan este elemento engadindo unha sangría ao bloque de texto no seu interior. Por iso debemos asegurarnos de que este código non aparece no noso HTML, sen que exista realmente unha cita, o usuario de produtos de apoio pode sentirse confundido ao navegar, posto que se lle informará dunha cita que realmente non existe. A ferramenta para citas debe usarse exclusivamente para as citas, non para sangrar parágrafos. Moodle non ten no seu editor de texto unha icona para Citas. A icona que insire Citas nos textos de eXeLearning é:
Iconas do editor de iDevices. CCO 1.0
- O uso de táboas para maquetar contidos, por exemplo para que unhas imaxes queden ben ao ver a páxina. Uso desaconsellado, aínda que permitido. Debe evitarse maquetar imaxes mediante táboas.
- A maquetación dos contidos (formato de letra, cores...) debería realizarse usando follas de estilo (css), que permiten que os contidos se estruturen da forma correcta, para posteriormente posicionar visualmente os elementos en pantalla, aplicar estilos tipográficos, tamaños, cores, etc. Frecuentemente a maquetación mediante follas de estilo esixe o uso de colectores estruturais sen carga semántica (é dicir, que non teñen unha función definida para o tipo de contido). Estes colectores son <div> e <span>. En eXe é preferible evitar o uso de cores e cambios de fonte, xa que o estilo se pode cambiar no botón estilo.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0