Ligazóns accesibles
Infórmate
As ligazón a sitios web deben estar correctamente indicadas. Para que sexan accesibles :
- É necesario proporcionar ligazóns que identifiquen de forma clara o seu destino ou funcionalidade a través dun texto que sexa o máis conciso e significativo posible. Debe quedar suficientemente claro a que recurso vai acceder o usuario cando active o hipervínculo, de xeito que poida ser comprendido cando sexa lido fóra de contexto.
- As ligazóns non deben repetirse na mesma páxina co mesmo texto: nin na ligazón nin no texto alternativo.
- Cando menos un dos textos ---no texto da ligazón (preferentemente) ou no texto alternativo--- debería indicar a páxina que se abrirá ao activar a ligazón.
- No caso de que un vínculo, malia que resulte suficientemente descritivo ou significativo, requira información adicional complementaria para mellorar a comprensión do seu propósito ou destino, esta pode ser proporcionada a través do "Título" (title), é dicir, no texto alternativo, que debe ser empregado unicamente para ampliar a información proporcionada polo texto do enlace (indicar o formato e/ou tamaño dun arquivo adxunto, información complementaria, etc.).
- Débese evitar a apertura das ligazóns en xanelas novas. Agora ben, se a ligazón abre a páxina web nunha ventá nova debe indicarse claramente ou ben no texto da propia ligazón ou no texto alternativo. [1]
Código HTML...
Os enlaces a outras páxinas, xa sexa do mesmo servidor ou doutro distinto, realízanse mediante o elemento colector <a>. Na etiqueta de apertura é obrigatorio incluír o atributo href, que indica o destino do enlace (o seu URL ou a ruta relativa no servidor).
Este tipo de ligazóns, repetidos varias veces nunha mesma páxina (aínda que con diferentes contextos), provocan que moitos usuarios de lector de pantalla non saiban que acontecerá se activan a ligazón. Cando se fala de "texto da ligazón", faise referencia tanto ao contido textual directo coma ao texto alternativo de calquera imaxe que se encontre no interior da ligazón. Se duas ligazóns dunha mesma páxina teñen o mesmo texto, deben conducir ao mesmo recurso. O mellor xeito de avisar das ligazóns é poñer a palabra "ligazón" antes dunha ligazón, e que a palabra ou palabras anteriores nos digan o nome do sitio ao que enlazan.
Exemplo.
<p><a title="Repositorio galego de recursos educativos" href="https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazos/recursos"><strong>Espazo Abalar</strong></a></p>
Estudo de caso
Analiza se as seguintes ligazóns cumpren os requisitos que debe ter unha ligazón accesible, é dicir:
- Advertir que é unha ligazón.
- Indicar que sitio web abrirase.
- Informar que se abrirá nunha nova xanela, no caso de que sexa así.
Estas do pé dunha imaxe coa atribución da propiedade intelectual.
Antonio Lomba. Alzado dun carro tradicional galego. En Banco de imaxes do INTEF. CC BY-NC-SA.
Estoutra cunha referencia webgráfica:
USC. “Comisión Interuniversitaria de Galicia”, [En liña]. Dispoñible: http://ciug.cesga.es/. [Consulta: 29-xuño-2014].
Facer ligazóns accesibles en eXeLearning é doado pois esta aplicación permite poñer texto alternativo ás ligazóns en "Título" (etiqueta "title")
Moodle tamén facilita pór texto alternativo nas ligazóns creadas coa ferramenta "Inserir ligazón web" do editor de texto, dentro de etiquetas, páxinas web ou libros e elixir o destino da ligazón. Agora ben, nos enlaces a sitios web, documentos, ... creados na páxina principal do curso co recurso "Ligazón a un ficheiro ou sitio web" NON facilita poñer texto alternativo (etiqueta "title"). Por iso, será necesario crear a accesibilidade no texto da ligazón.
Fíxate na seguinte solución, correspondente ao proxecto final de Ana Belén Domínguez, alumna deste curso na súa primeira edición:
Accesibilidade web nun curso virtual. Dominio público
Ten presente que as ligazóns do teu curso virtual deberán respectar a accesibilidade web.
Referencias
[1] INTECO (Instituto Nacional de Tecnologías de la Comunicación) “Guía Práctica de Comprobación de Accesibilidad: Navegación y Orientación - 09_comprobacion_de_la_accesibilidad_navegacion_orientacion.pdf”, [En liña]. Dispoñible: file:///Users/agustincarracedo/Downloads/09_comprobacion_de_la_accesibilidad_navegacion_orientacion.pdf. [Consulta: 29-xuño-2014].
Actividade - Crear ligazóns accesibles en eXeLearning
Creamos un iDevice novo e:
- Inserimos dúas ligazóns accesibles a sendos sitios web, é dicir...
- Indicamos dalgún xeito que é unha ligazón, no propio texto da ligazón ou no texto alternativo.
- Indicamos que a ligazón abrirase nunha ventá nova, no caso de que sexa así.
- Unha das ligazón creadas por ti debe abrirse na mesma ventá.
- A outra ligazón, abrirase nunha ventá nova.
Vexamos como facelas...
Actividade - Crear ligazóns accesibles en Moodle
Inserimos unha "Etiqueta":
- Na "Etiqueta", inserimos un texto ou unha imaxe que usaremos como botón para lanzar a ligazón.
- Indicamos no texto da propia ligazón ou no texto alternativo que é unha ligazón.
- Informamos da páxina web que se abrirá ao activar a ligazón..
- Se configuramos a ligazón para que a ligazón se abra nunha xanela nova debemos indicalo dalgún xeito no texto da ligazón ou no texto alternativo.
- Inserimos dúas ligazóns accesibles a sendos sitios web:
- Unha das ligazón creadas por ti debe abrirse na mesma ventá.
- A outra ligazón, abrirase nunha ventá nova.
Vexamos como facelas...
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0