Saltar navegación

Que é a accesibilidade web?

Infórmate

Que é a accesibilidade?

Ao falar de "accesibilidade" dos recursos referímonos a que todos, independentemente de se teñen algunha minusvalía, poden acceder a ese recurso. En definitiva, o contido dun sitio web accesible pode ser usado por todo tipo de usuarios, independentemente das capacidades físicas e sensoriais que estes utilicen para interactuar co ordenador, accedendo á información independentemente do equipo físico e dos programas que utilicen.

A Web Accessibility Initiative (WAI) é un dos grupos de traballo do W3C (World Wide Web Consortium) cuxa finalidade é propiciar un debate permanente sobre as necesidades e solucións de accesibilidade na web. A WAI redactou un documento de 14 pautas, que constitúen os principios xerais para o deseño accesible...

Pauta 1. Proporcione alternativas equivalentes para o contido visual e auditivo.
Pauta 2. Non se basee só na cor.
Pauta 3. Utilice marcadores e follas de estilo e fágao apropiadamente.
Pauta 4. Identifique o idioma usado.
Pauta 5. Cree táboas que se transformen correctamente.
Pauta 6. Asegúrese de que as páxinas que incorporan novas tecnoloxías se transformen correctamente.
Pauta 7. Asegure ao usuario o control sobre os cambios dos contidos tempo-dependentes.
Pauta 8. Asegure a accesibilidade directa das interfaces de usuario incrustadas.
Pauta 9. Deseñe para a independencia do dispositivo.
Pauta 10. Utilice solucións provisionais.
Pauta 11. Utilice as tecnoloxías e pautas W3C.
Pauta 12. Proporcione información de contexto e orientación.
Pauta 13. Proporcione mecanismos claros de navegación.
Pauta 14. Asegúrese de que os documentos sexan claros e simples.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)