3.- GRAVAMOS!
Agora que xa temos un bo repertorio, con versións de cancións clásicas
e mesmo cancións orixinais propias,
é o momento de pasar ó seguinte escalón da música:
GRAVAR O NOSO DISCO!
Pero... estamos seguros de que debemos facer un disco ou álbum?
Ou mellor un EP con catro cancións?
E si gravamos un single e logo vemos que pasa?
Gravamos un concerto en vivo ou imos
directamente ó estudio de gravación a gravar por pistas?
Uf! son moitas as decisións que temos que tomar para que a nosa música quede rexistrada,
e que podamos difundila por todos os recunchos
convertíndonos nun grupo de fama internacional!
Neste obradoiro imos coñecer todos os recursos organizativos e tecnolóxicos
precisos para crear o noso estudio de gravación,
utilizaremos un editor de audio e, por suposto, crearemos as nosas propias gravacións!
Comezamos!
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0