caderno

PROPOSTA DE ACTIVIDADES

 1. Contesta brevemente as seguintes cuestións sobre a sociedade grecolatina:

    1. Como se califica o estilo do historiador romano Tácito?
    2. En que xénero literario encadrarías a Cicerón?
    3. Baixo a tutela de que poetisa se atopaban algúns grupos de mulleres da aristocracia da illa de Lesbos?
    4. En cantas partes se dividía a noite para os romanos?
    5. Cal é o nome do político romano que atentou contra a República Romana e tratou de matar a Cicerón?
    6. En que consistía a ovatio dos romanos?
    7. Indica por que podemos considerar fanáticos aos sacerdotes de Cibeles.
    8. Como dividían o tempo do día os romanos e que referencia usaban para realizar esta división?
    9. En que obra de Virxilio a Sibila de Cumas guía ao seu protagonista ata o Hades? Que busca no Hades o protagonista da obra?
    10. De que xeito acomodaban os romanos o calendario anual ao estacional ou astronómico?. Que reforma se introduciu no noso calendario gregoriano?

 

2. Can you define in English the following words and expressions. You must construct a short sentence with them:

What´s the meaning and the origin of …?

sour grapes

cicerone

fanatic

hecatomb

bissextile year

take a siesta

  

3. Indica se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas (F-V):

Cornelio Tácito era un historiador romano da época republicana. ___

A zorra e as uvas é unha fábula de Esopo.___

Á illa de Faros chegou a cabeza de Orfeo dando lugar ao nacemento da poesía.___

O tempo diario dos romanos ten exactamente a mesma división que o noso.____

A palabra “faro” ten a súa orixe nunha torre construída nunha illa de Alexandría que leva este nome e coa que se pretendía guiar os barcos.____

Mecenas era un acaudalado nobre que patrocinaba as festas de Roma.____

Os xenerais romanos que obtiñan victorias importantes eran recibidos mediante a inmolación dunha ovella ou dun touro.____

A diferenza entre a cerimonia coñecida como triunfo e a coñecida como ovation era moi pequena.___

A sibila máis famosa de Italia habitaba nunha colonia grega de Nápoles coñecida como Tarento.__