Fomento da lectura

Día do Libro Infantil 2025

 
 
 
 
 
Fai debuxos
para o meu poema,
pero con liberdade:
estas palabras
que saíron da miña boca
son para ti.
Rian Visser
 
 
Como en anos anteriores, o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 
 
A sección patrocinadora deste ano é Holanda que difunde a mensaxe de Rian Visser e o cartaz de Janneke Ipenburg co lema "Estas palabras que sairon da miña boca son para ti".
 
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de Mercedes Pacheco.
 

17 de marzo 2025: Día do Cómic e o Tebeo

 
 
 
 
Día do Cómic e do Tebeo é unha celebración  que pretende recoñecer o valor do cómic e do tebeo, o peso da súa historia e a súa importancia no contexto actual, a súa diversidade, creatividade e calidade.
 
A autora do cartel deste ano é a ilustradora Bea Lema, Premio Nacional do Cómic 2024. Creadora do cartel "Xeografías lectoras na biblioteca escolar" , lema das bibliotecas escolares de Galicia no curso 2020/2021, no que nos  ofrece unha imaxe evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír. 
 
Grupo de Traballo "Comictecas" do Consello de Cooperación Bibliotecaria, do que forman parte as bibliotecas escolares de Galicia, vén de presentar unha publicación para celebrar esta data:"Cómic. 50 recomendacións para bibliotecas".
 
 

Resolución definitiva do programa Clubs de Lectura para o curso 2024/25

 

 
 
 
 
 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a resolución definitiva pola que fai pública a relación de centros seleccionados conforme ao disposto no apartado 9 da Resolución do 12 do xuño de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dentro das actuacións para o fomento da lectura no ámbito educativo, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se incentiva o funcionamento de CLUBS DE LECTURA en centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que acollan ensinanzas de educación primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, durante o curso 2024/25. 
 
 
 
 

Resolución definitiva do Programa Lectura e Familias

 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a resolución definitiva pola que fai pública a relación de centros seleccionado segundo o establecido no apartado 9 da Resolución do 16 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación no programa Lectura e Familias, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), para promover a lectura e o uso responsable da información entre os distintos sectores da comunidade educativa, en centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que acollan ensinanzas de educación infantil, primaria, educación especial, secundaria, bacharelato e formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2024/25. 
 
 

Lecturas para compartir, a escena!

 
 
 
 Como encontrar felicidade nos livros que não lemos
 
Por vezes, os livros que não são lidos podem assumir um ar acusador. Muitos leitores senter alguma culpa quando olhamn para pilhas de livros por ler. No meu caso, considero estes livros uma possibilidade de ser livre: não tenho apenas um livro para ler, tenho muitos, e isso permite-me escolher próximo (dentro de um espectro variado de possibilidades). No fundo, concordo com Jules Renard quando escreveu em Notas Sobre el Oficio de Escribir: 《Quando penso em todos o livros que tenho para ler, tenho a certeza de ainda ser feliz.》
 
Cruz, Afonso (2021). O vício dos livros.  Companhia das Letras
  
 
 
Achéganse os días de lecer que coinciden cos primeiros días do inverno, co tempo frío e a pouca luz no exterior. Son ocasión fantástica para ocupar parte do tempo na lectura, sós ou en compañía de amigos ou familiares.
 
As bibliotecas escolares comezan a difundir as súas recomendacións de lectura (tamén de cine, música, xogos, apps, fontes dixitais de interese...). Diferentes en propostas, en contido, en deseño... todas elas responden ao interese dos equipos de biblioteca por facilitar  unha escolla axeitada á hora de agasallar . Buscan, tamén, que as lectoras e os lectores desenvolvan autonomía á hora de seleccionar as súas propias lecturas, aprendendo a mirar nos libros máis aló da súa capa e das estratexias do mercado, aprendendo a escoller con criterio.
 
Son propostas feitas desde a especialización dos integrantes dos equipos de biblioteca. Reflicten a variedade de oferta que a industria editorial galega e foránea pon a disposición das persoas lectoras. Son, pois, un instrumento para o fomento da lectura especialmente cando inclúen unha pequena recensión que orienta sobre o contido de cada un dos títulos seleccionados. Orientacións que inclúen a recomendación da compra no comercio de proximidade.
 
Lecturas compartidas co gallo das festas de inverno no CEIP de Galán (Arteixo-A Coruña)
 
As bibliotecas escolares de Galicia recomendan lecturas para compartir: 
 
 

Resolución provisional da convocatoria do programa Lectura e Familias para o curso 2024/25

 

 
 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución provisional de centros seleccionados na convocatoria do programa Lectura e Familias nas modalidades de nova incorporación e de continuidade para o curso 2024/25.
 
 
Ábrese un prazo de cinco días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación no portal educativo, para efectuar reclamacións ou renuncias.
 
 

Resolución provisional da convocatoria do programa Clubs de Lectura para o curso 2024/25

 

 

 

O Portal Educativo vén de publicar a Resolución provisional de centros admitidos na convocatoria do programa Clubs de Lectura nas modalidades de incorporación e de continuidade.

 

Ábrese un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación, para realizar reclamacións ou renuncias. 

 

 

 

E-LBE.2: Lectura dixital para as bibliotecas escolares

  
 
 
En novembro de 2012, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade realizou unha convocatoria, destinada aos centros incluídos no Plan de mellora de bibliotecas escolares,  dun proxecto piloto para a incorporación dos lectores electrónicos nas bibliotecas escolares, E-LBE, integrado no PLAN LÍA de bibliotecas escolares. Este proxecto incorporou a 50 centros.
 
A Xunta vén de ampliar o acceso á plataforma do proxecto E-LBE.2, de lectura e préstamo de contidos dixitais nas bibliotecas escolares. Deste xeito, a Consellería de  Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional pon a disposición dos centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE) unha ferramenta que enriquecerá as súas coleccións.
En total están accesibles preto de 4000 títulos, que se poden ler en pantalla, en todo tipo de dispositivos (ordenador, tableta, móbil...), con dispoñibilidade de lectura en liña e fóra de liña e para todos/as os/as usuarios/as (profesorado, alumnado e familias) que conten con carné das bibliotecas escolares.
 
Os fondos E-LBE.2 son variados, actuais e están seleccionados atendendo aos criterios que, en xeral, seguen as bibliotecas escolares galegas.A selección, xestión e control dos contidos, e a súa actualización coordínanse desde a asesoría de bibliotecas escolares:
 
  • Coleccións con temáticas específicas, aprendizaxe de idiomas, robótica, saúde, nutrición, apoio a materias, acceso a revistas e liteara, entre outras.tura para todos os niveis e etapas, entre outras:
  • Recursos de ficción e non ficción para todos os ciclos e etapas: libros,revistas, audiolibros, podcast...
  • Catálogo intelixente: recomendacións de lectura a medida que vai coñecendo os gustos dos/as usuarios/as.
  • Módulo de accesibilidade para axudar aos/as lectores/as: tipografía específica para dislexia e lectura en audio de todos os libros dispoñibles.
  • A posibilidade de lectura compartida en grupos aula, club de lectura.. cosrecursos proxectados mediante paneis dixitais ou outros dispositivos.
  • Lectura en calquera momento e lugar: accesible 24/7 e modalidade de lectura con ou sen conexión.
  • Acceso desde seis dispositivos diferentes e sincronización no último punto de acceso, permitindo tamén ás familias poder gozar desta solución.
  • A posibilidade de uso a través dunha APP (gratuíta e dispoñible nas tendasde aplicacións para os distintos dispositivos) que aumenta a interactividade:estatísticas, desafíos, establecer obxectivos diarios ou mensuais…
  • O acceso mediante tres perfís diferentes: usuario alumnado (ata 2
    préstamos de xeito simultáneo, cun máximo de 10 títulos durante o curso
    escolar) e usuario docente (ata 2 títulos de xeito simultáneo sen límite de
    préstamos), outras persoas usuarias da comunidade educativa (ata 2
    préstamos de xeito simultáneo, cun máximo de 10 títulos durante o curso
    escolar).

 

 

 

 

Día das Escritoras 2024

 
 
 
Día das Escritoras é unha iniciativa  organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas, asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, contará coa colaboración de Asociación Colexial de Escritores (ACE) e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
 
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A IX Edición celébrase este ano 2024  o 14 de outubro baixo o lema " A periferia da periferia: Mulleres que miraton ao mundo rural".
 
"Por iso o próximo 14 de outubro acordarémonos de marabillosas escritoras, poetas e pensadoras como Concha Espiña, Santa Teresa, Dolores Medio, Mariluz Escribano, Margarita Nelken, Rosalía de Castro, María Zambrano, Gabriela Mistral ou Ernestina de Champourcin. Pero tamén das que non puideron selo. Pois elas e non outras son as que mantiveron e manteñen vivo ese mundo rural e a súa cultura, ese campo, esa periferia á que, en xeral, miramos pouco e mal".
 
Ana Iris Simón, comisaria da IX Edición do Día das Escritoras 2024
 
Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...
 
Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade que visbilizaremos a través desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras 
 
 
Actividades nas bibliotecas escolares de Galicia:
 

Convocatoria do programa Lectura e Familias para o curso 2024/25

 

 
 
 
 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución do 16 de xullo de 2024  da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación no programa Lectura e Familias, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), para promover a lectura e o uso responsable da información entre os distintos sectores da comunidade educativa, en centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que acollan ensinanzas de educación infantil, primaria, educación especial, secundaria, bacharelato e formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2024/25.
 
 
O prazo de presentación de solicitudes, será de quince días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no portal educativo. 
 
 

Plan de Lectura e Plan de Biblioteca

 

 

 

 

Achégase un cadro resumo do Plan de Lectura, Plan Anual de Lectura e Plan de Biblioteca; no que se indica en que documentación do centro deben estar recollidos, que persoas son as responsables da súa elaboración, cal é a finalidade de cada un e que actuacións deben contemplar. Este documento parte das Instrucións de inicio de curso da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

 

 

 

 

Lecturas que cantan para nós

 
 
 
O río pasa correndo,
non se para con ninguén.
O río canta prás cousas
e canta pra min tamén. 
 
María, Manuel. Os soños na gaiola. Fundación Manuel María 2015
 
Chega o tempo de verán e as bibliotecas escolares de Galicia preparan as súas recomendacións lectoras e os seus préstamos para espazos de lecer.
Lecturas que cantan para nós, que non deixaremos pasar e habitarán as nosas xeografías lectoras.
 
Imaxe do refuxio de Verdes (Coristanco-A Coruña)
 
Seleccións das bibliotecas escolares de Galicia:
 

Convocatoria do programa Clubs de lectura - centros públicos. Curso 2024/2025

 

 
 
 
 
 
O Portal educativo vén de publicar a Resolución do 12 do xuño de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dentro das actuacións para o fomento da lectura no ámbito educativo, no contexto do Plan LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se incentiva  o funcionamento de CLUBS DE LECTURA en centros públicos de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que acollan ensinanzas de educación primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, durante o curso 2024/25.
 
 
O prazo de presentación de solicitudes  rematará o  día 4 de outubro de 2024. 
 
 

Letras galegas todo o ano nas bibliotecas escolares, en maio tamén.

 
 
 
SAIAMOS do ruído para a páxina en branco

coas máns ainda lixadas de substáncia

tras un traballo mudo ou unha carexa,

o xesto e o resíduo dunha sombra que danza,

a matéria mesma do espácio en animal produción,

o que me une e te une nun eco ás espaldas.
 
Villalta, Luísa. Ruído. Espiral Maior 1995
 
Achégase o día grande das Letras Galegas e as bibliotecas escolares, neste ano 2024, incorporan a figura da intelectual, escritora, activista política, cultural e medioambiental, articulista, tradutora, profesora, filóloga e violinista Luísa Villalta.
 
Imaxe da biblioteca do IES Arcebispo Xelmirez I (Santiago de Compostela - A Coruña)
 
Velaquí algúns exemplos de actividades nas bibliotecas escolares galegas nestes días de maio de 2024:  
 

XVI Xornada dos Clubs de Lectura

 
 
 
O vindeiro 14 de maio, celebrarase no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, a reunión anual do profesorado que coordina os clubs de lectura dos centros que participan no programa de CLUBS DE LECTURA, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Neste curso 2023/2024 recibiron asignación, a través da convocatoria do programa, un total de 489 centros que matriculan alumnado de Educación Primaria, ESO, BAC, FP, Ensinanzas de Persoas Adultas, e Ensinanzas de réxime especial (Conservatorios e Escolas de idiomas). Esta XVI Xornada dos Clubs de Lectura reunirá así a preto de 500 persoas, entre participantes, relatores e persoas asesoras de formación do profesorado. 
 
Entregarase, así mesmo, o Premio dos Clubs de Lectura 2024, que desta vez recaeu na escritora Arantza Portabales por ser a autora galega máis lida nos clubs de lectura no curso 2022/2023, tal e como se recolle na Resolución do 19 de abril de 2024, que explica as particularidades deste premio, que xa recibiron Agustín Fernández Paz, Ledicia Costas, Miguelanxo Prado, Carlos Negro, María Reimóndez, Andrea Maceiras, Eva Mejuto, Antía Yáñez e Manuel Núñez Singala.
 
O programa contempla así mesmo a intervención (por vídeoconferencia)  da antropóloga e investigadora Michèle Petit acompañada pola profesora da USC Montse Pena Presas, da experta en Lectura Fácil Laia Vidal, sesións simultáneas coa experiencia de oito centros integrados no programa, un obradoiro de teatro a cargo de Artur Trillo, un obradoiro de poesía con Rosalía Fernández Rial, unha charla sobre a construción de paseos literarios con Ócar Senra e unha ollada arredor do cómic con Pío Barreiro e Xaime Lis. Pechará a xornada a autora de banda deseñada Julia Lago.
 

Arredor do Libro e a Lectura nas Bibliotecas Escolares de Galicia

 
 
 
O mes de abril pon en valor o traballo feito , ao longo do ano, arredor do libro e a lectura nas bibliotecas escolares de Galicia. 
 
Imaxe do I Encontro Letras na Praza celebrado polo  CEIP A Lama, CEIP Doutor Suárez e CEIP Plurilingüe de Carballedo.
 
Velaquí algúns exemplos:
 

Premio dos Clubs de Lectura 2024 para Arantza Portabales

 

 

 

 

 

 

Co gallo da celebración do Día do Libro 2024, publícase a Resolución do 19 de abril de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,  pola que se recoñece á escritora Arantza Portabales co Premio dos Clubs de Lectura 2024, que se concede anualmente ao autor ou autora galega máis lida, segundo as bases do premio,  polos clubs de lectura participantes na convocatoria de Clubs de Lectura durante o curso precedente 2022/23.

 

No ano 2015 creouse este premio co obxecto de recoñecer cada ano a aqueles autores e autoras que, cos seus libros, axudan á construción de lectoras e lectores nestas etapas da adolescencia e a mocidade que, no ámbito da lectura, están consideradas como etapas de risco de abandono, ao ampliarse o abano de estímulos e intereses. Desde o curso pasado, contribúe a este recoñecemento o alumnado dos clubs de lectura da educación primaria. Uns creadores comprometidos coa lingua que achegan a materia prima coa que os clubs de lectura poden contribuír á extensión da lectura en galego. Na resolución de creación do premio contemplábase que “o Premio dos Clubs de Lectura poderá entregarse unha soa vez a un autor ou autora. No caso de que o primeiro creador da relación resultante nun curso xa tivese recibido o premio, este seralle concedido ao autor ou autora seguinte na relación”.   Até o momento recibiron este galardón os escritores Agustín Fernández Paz (2015), Ledicia Costas (2016), Miguelanxo Prado (2017), Carlos Negro(2018), María Reimóndez (2019), Andrea Maceiras (2020), Eva Mejuto (2021), Antía Yáñez (2022) e Manuel Núñez Singala (2023).

 

Arantza Portabales é unha das autoras máis seguida polo lectorado dos clubs de lectura. Tres dos seus títulos están entre os 50 máis lidos no curso 202/23: Beleza vermellaO home que matou a Antía Morgade e A vida secreta de Úrsula Bas.

 

 

 

Día do Libro infantil 2024

 
 
Sobre as alas, os contos viaxan. Desexando sentir o latexo do teu corazón.
 
 
Son o Conto Viaxeiro. Vou voando a calquera sitio.

Ás veces vou nas alas do vento. Outras, nas alas das ondas.

E outras nas aliñas dun gran de area.

Por suposto, tamén subo nas alas das aves migratorias.

E, de cando en vez, incluso nas dos avións.

Despois, sento ao teu carón, abro as miñas páxinas e cóntoche a historia que queiras.

Quizais unha historia fantástica?

Ou prefires unha historia triste? De medo?

Unha para rir ás gargalladas?

E se polo de agora non queres escoitar ningunha, non pasa nada.

Seguro que algunha vez terás ganas. Daquela, chámasme. Non tes máis que dicir:
«Conto Viaxeiro, ven aquí!», e irei voando ao teu lado. 
 
 
Como en anos anteriores, o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 
 
A sección patrocinadora deste ano é Xapón que difunde a mensaxe de Eiko Kadono e o cartel de Nana Furiya co lema "Navega polos mares coas alas da túa imaxinación".
 
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de Mercedes Pacheco.
 

17M: Unha biblioteca escolar en Viñetas

 
 
 
Día do Cómic e do Tebeo é unha celebración  que pretende recoñecer o valor do cómic e do cómic, o peso da súa historia e a súa importancia no contexto actual, a súa diversidade, creatividade e calidade.
 
No curso 2023/24 as bibliotecas escolares de Galicia teñen como lema UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS, que quere poñer o foco en todas as posibilidades que a a banda deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular.
 
Un curso para poñer en valor un xénero que cada vez adquire máis protagonismo na colección das bibliotecas escolares de Galicia. Para seguir concienciando que ler cómic tamén é ler, que favorece a primeira alfabetización e autonomía lectora grazas ao apoio visual. Que nos ofrece diferentes capas de lectura na que todos e todas atopamos un espazo ao tempo que favorece a alfabetización visual e artística e o desenvolvemeto da creatividade e a imaxinación. 
 
Actividades nas bibliotecas escolares de Galicia: 
 

Lecturas para compartir...

 
 
 
PERO CANDO POR FIN A TIVO NAS SÚAS MANS... 
 
COMEZOU A RECORDAR TODO O QUE DEIXARA ATRÁS
 
TODO, POR UNHA PEQUENA ESTRELA
 
E SEN NINGUÉN CON QUEN COMPARTIR ESE MOMENTO...
 
QUICO. (2023). CONTANDO ESTRELAS. XVII Premio Castelao de Banda Deseñada, modalidade Infantil e Xuvenil. Deputación da Coruña.
 
Achéganse os días de lecer que coinciden cos primeiros días do inverno, co tempo frío e a pouca luz no exterior. Son ocasión fantástica para ocupar parte do tempo na lectura, sós ou en compañía de amigos ou familiares.
 
As bibliotecas escolares comezan a difundir as súas recomendacións de lectura (tamén de cine, música, xogos, apps, fontes dixitais de interese...). Diferentes en propostas, en contido, en deseño... todas elas responden ao interese dos equipos de biblioteca por facilitar  unha escolla axeitada á hora de agasallar . Buscan, tamén, que as lectoras e os lectores desenvolvan autonomía á hora de seleccionar as súas propias lecturas, aprendendo a mirar nos libros máis aló da súa capa e das estratexias do mercado, aprendendo a escoller con criterio.
 
Son propostas feitas desde a especialización dos integrantes dos equipos de biblioteca. Reflicten a variedade de oferta que a industria editorial galega e foránea pon a disposición das persoas lectoras. Son, pois, un instrumento para o fomento da lectura especialmente cando inclúen unha pequena recensión que orienta sobre o contido de cada un dos títulos seleccionados. Orientacións que inclúen a recomendación da compra no comercio de proximidade.
 
As bibliotecas escolares de Galicia recomendan lecturas para compartir:
 

Resolución provisional de centros admitidos na convocatoria do programa Clubs de Lectura para o curso 2023/24

 
 
O Portal educativo vén de publicar a Resolución provisional de centros admitidos e excluídos na convocatoria do programa Clubs de Lectura para o curso 2023/24.
 
 
 
Ábrese un prazo de cinco días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación no portal educativo, para efectuar reclamacións ou renuncias.
 

Resolución provisional de centros seleccionados na convocatoria do programa Lectura e Familias para o curso 2023/24

 

 
 
 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a resolución provisional de centros seleccionados na convocatoria do programa Lectura e Familias para o curso 2023/24 nas modalidades de nova incorporación e de continuidade.
Abrirase un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación, para realizar reclamacións e renuncias. 
 
 
 

Día das Escritoras 2023

 
 
"... Sinto un formigo no estómago... Sorrio. Porque me apetece e porque me apetece dicilo." 
 
Yáñez, Antía. Non penses nun elefante rosa. (Xerais, 2022)
 
 
Día das Escritoras é unha iniciativa  organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mujeres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a asociación Clásicas e Modernas, Asociación para a igualdade de mulleres e homes na Cultura. Ademais, contará coa colaboración de Asociación Colexial de Escritores (ACE)e o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO). Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
 
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VIII Edición celébrase este ano 2023  o 16 de outubro. 
 
"Nesta edición o comisariado recae na escritora Marta Sanz e o tema escollido é O pracer, a alegría e a risa das mulleres, co que pretendemos facer do Día das escritoras unha xornada de dobre celebración. Celebración dunha escritura e dunha maneira de percibir a realidade silenciada durante moito tempo, e celebración desa expresión do gozo, a alegría e a risa que a miúdo tamén é un tabú para mulleres educadas na abnegación, o comedimiento e o sacrificio". 
 
Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...
 
Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade que visbilizaremos a través desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras 
 
 
Actividades nas bibliotecas escolares de Galicia:
 

Convocatoria dos Clubs de Lectura para o curso 2023/24

O Portal Educativo vén de publicar a Resolución do 2 do outubro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dentro das actuacións para o fomento da lectura no ámbito educativo, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se incentiva  o funcionamento de Clubs de Lectura en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que acollan ensinanzas de educación primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, durante o curso 2023/24.

O prazo límite de presentación de instancias será de un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria. 

  • PUBLICACIÓN NO PORTAL EDUCATIVO

Convocatoria do programa Lectura e Familias para o curso 2023/24

 

 
 
 
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución do 28 de setembro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación no programa Lectura e Familias, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), para promover a lectura e o uso responsable da información entre os distintos sectores da comunidade educativa, en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que acollan ensinanzas de educación infantil, primaria, educación especial, secundaria, bacharelato e formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2023/24.
 
Seleccionaranse un máximo de 25 centros de nova incorporación e os 94 centros integrados xa no programa, deberán solicitar a súa continuidade, se así o deciden. 
 
 

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no portal educativo.