Hoxe tivemos a sorte de termos na biblioteca do noso cole a unha muller polifacética: escritora, actriz, contadora de contos, de historias... e case "bruxa", que nos achegou á súa prolífica obra dun xeito lúdico e divertido. Facéndonos partícipes dos seus segredos, cunha morea de feitizos e meigallos, que provocaron en nós risas a varrer e aplausos á esgalla. Soubemos cousiñas do seu libro Bruxa e familia que non poderiamos nin imaxinar só con lelo. E coñecimos un pouquiño máis á Tartaruga Amodovou.
Que bo rato nos fixo pasar!!
Moitas grazas a ela polo seu tempo e a todo o alumnado e profesorado do cole pola súa participación na actividade.
Equipo de Biblioteca e EDLG.