Convocatoria do programa Lectura e Familias, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2023/24

Lun, 02/10/2023 - 11:03
lf

Publícase a Resolución do 28 de setembro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación no programa Lectura e Familias, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), para promover a lectura e o uso responsable da información entre os distintos sectores da comunidade educativa, en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que acollan ensinanzas de educación infantil, primaria, educación especial, secundaria, bacharelato e formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2023/24.

  • O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no portal educativo.