As bibliotecas escolares galegas teñen plan, compás e bitácora. A propósito do Plan de Lectura e o Plan de Biblioteca. Francisco César Díaz Rey Asesoría de bibliotecas escolares
|
|
Como festexar o Día do Libro de xeito inclusivo, colaborativo e dinámico, nunha xornada aberta ás comunidades da contorna e ás veciñanzas. Rafael Sánchez-Agustino e Cristina Campos CEIP A Lama (A Lama-Pontevedra) |
|
A microrrede das bibliotecas escolares da Terra Chá. Unha proposta, unhas orientacións e unha posta en marcha con visión de futuro. Andrea Betinelli (Ceip P. Virxe do Corpiño), Melani Coedo (CEIP P. Virxe do Monte) e Alexandra Cabana (IES da Terra Chá) |
|
O poodcast do CMUS Profesional de Vigo. Susana Pérez, Belén Ferreiro e Rebeca Carrera CMUS Profesional de Vigo (Vigo-Pontevedra)
|
|
Mediación lectora no CIFP Compostela. Exemplos de boas prácticas. Club de lectura Caldo de Gloria. Tres anos de historia Mercedes Teijeiro Gato CIFP Compostela (Santiago de Compostela-A Coruña) |
|
A nosa biblioteca: espazo soñado para todos e todas. Construír e entender a bilioteca como un espazo seguro e inclusivo. Carmen Mª Baldomir, Manuela Becerra, Ana Mª Brandón e Verónica Rodríguez CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo-A Coruña) |
|
Biblioteca Escolar Solidaria. Purificación Moure CEIP P. Seis do Nadal (Vigo-Pontevedra) |
|
Que non é o mesmo ca un conto de club. Mª Pilar iglesias, José Manuel Rego e Norberto Blanco CEIP P. Mnauel Sueiro (Ourense) |
Novos artigos sobre bibliotecas escolares na Revista EDUGA de xuño de 2024
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional vén de facer público o novo número da Revista Galega do Ensino (EDUGA), que conta cunha sección fixa de Bibliotecas Escolares. Neste número 87 de xuño de 2024 pubícanse un total de oito artigos, nas tres sub-seccións: Biblioteca escolar, Boas prácticas e Hora de ler. Nestes artigos, atopamos reflexións e actividades sobre o programa Radio na biblio, a mediación lectora, a creación de redes entre as bibliotecas escolares, a biblioteca inclusiva e solidaria e os novos Plans de Lectura e Biblioteca.
Lecturas sobre as que reflexionar e nas que afondar nos días de descanso que se achegan.