Proxecto Miniempresas Lugo 2022-2023

O Plan de Emprendemento do Sistema Educativo de Galicia, eduemprende, posto en marcha pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, pretende sensibilizar a toda a comunidade educativa e favorecer a introdución do espírito emprendedor no alumnado, proporcionando os medios e instrumentos necesarios para conseguilo.

Entre as accións incluídas no plan eduemprende, atópase o programa Lanzadeiras Lugo. Este programa está enmarcado dentro do convenio de colaboración establecido entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Fundación Alcoa para o desenvolvemento de actuacións conxuntas a favor do impulso do espírito emprendedor.

O programa Lanzadeiras Lugo pretende promover a creación de miniempresas nas ensinanzas non universitarias co fin de concienciar e potenciar as competencias profesionais, sociais e persoais emprendedoras do alumnado. Con este fin organizaranse actividades baseadas na aprendizaxe a través da práctica, reproducindo de forma realista o funcionamento das empresas e incidindo nas habilidades e destrezas do alumnado.

Dirixida a centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da provincia de Lugo con alumnado de 6º de educación primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional.

Ampliado ata o 22 de xuño de 2023 o prazo de presentación de solicitudes mediante a Resolución do 7 de xuño de 2023.

A solicitude debe remitirse asinada polo/a director/a do centro educativo. Os anexos deben enviarse en formato pdf, cubertos dixitalmente, e non como documento escaneado.


Convocatorias anteriores:

Etiquetas: