Proxecto Miniempresas Lugo 2019-2020
O proxecto Miniempresas Lugo pretende fomentar a educación emprendedora a través da creación de miniempresas e outras propostas didácticas que impliquen a colaboración dos equipos docentes, a dinamización da comunidade educativa e a conexión co entorno, todo isto potenciando as capacidades profesionais e persoais do alumnado. Esta acción desenvólvese dentro do plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende e establécese dentro do ámbito de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Fundación Alcoa.
As institucións implicadas neste proxecto
- Coordinación e desenvolvemento do proxecto
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional coordina e organiza as actividades dirixidas tanto ao profesorado como ao alumnado, facilitando a disposición dos espazos en colaboración cos centros educativos participantes.
- Difusión
"El Progreso" divulgará todas as actuacións e resultados do proxecto.
- Financiamento
62.705,39 € aportados pola Fundación Alcoa.
Actuacións programadas
Para cumprir os obxectivos previstos realízase a seguinte proposta de actuacións nos centros educativos da provincia de Lugo:
- Accións de sensibilización da comunidade educativa sobre a importancia de construír e fomentar unha nova cultura emprendedora. Accións dirixidas tanto ao alumnado como ao profesorado para alcanzar a sensibilidade necesaria que permita a creación de iniciativas emprendedoras.
- Promocionar a creación de miniempresas entre os estudantes para o desenvolvemento dun produto/servizo, unha estratexia de márketing e venda do produto.
- Actividades de capacitación en habilidades emprendedoras.
- Preparación do alumnado nas competencias e nas actitudes autónomas necesarias que favorezan o emprendemento co fin de capacitar ao alumnado para emprender.
- Accións de formación do profesorado para a sensibilización do alumnado en creación de empresas.
- Formación específica do profesorado para o desenvolvemento e a elaboración de proxectos empresariais, favorecendo a adquisición de competencias emprendedoras no alumnado.
- Actuacións de intercambio de aprendizaxes, experiencias e coñecemento das necesidades da súa contorna socioeconómica, entre o alumnado e empresarios e mozos emprendedores para un maior achegamento entre o mundo educativo e laboral.
- Concurso "Miniempresas Lugo".
- Realización dunha publicación para a sensibilización e a difusión da cultura emprendedora.
Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 12/11/2019 ata o 02/12/2019.
Convocatoria Lanzadeiras Lugo
O programa Lanzadeiras Lugo ten a finalidade de promover a innovación e o emprendemento en todas as etapas do sistema educativo co obxectivo de potenciar as competencias profesionais, sociais e persoais do alumnado a través da creación de miniempresas nos centros educativos.
- Acceda á convocatoria Lanzadeiras (Publicado o 11/11/2019)
- Acceda á resolución definitiva (Publicado o 29/01/2020)
Enquisas
- Enquisa inicial do proxecto Miniempresas Lugo
- Enquisa final do proxecto Miniempresas Lugo
Concurso miniempresas Lugo
Os centros interesados en participar deberán remitir ao correo electrónico eduemprende@edu.xunta.es as súas propostas de acordo coas bases da convocatoria. Premiaranse os tres mellores proxectos de miniempresas participantes no programa Lanzadeiras Lugo e un primeiro e segundo accésit.
Premios do concurso miniempresas Lugo
Os proxectos premiados foron:
- 1º premio: Vintagegaming, do IES A Pinguela (Monforte de Lemos).
- 2º premio: Faite Ver, do IES Lois Peña Novo (Vilalba).
- 3º premio: Apadrina Ecofruta, do IES María Sarmiento (Viveiro).
- Accésit I: Porta entre Culturas, do CIFP Porta da Auga (Ribadeo).
- Accésit II: Garabullos, do CIFP Politécnico de Lugo (Lugo).