Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia

Finalidade

O Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, Eduemprende, constitúese como o marco de fomento do espírito emprendedor no sistema educativo de Galicia, e establece a estratexia de fomento da cultura emprendedora que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades transmitirá á comunidade educativa.
 
O obxectivo global deste plan é lograr un avance sensible na cultura do emprendemento no noso alumnado e propor instrumentos que permitan coñecer os logros alcanzados.

 
Destinatarios
Eduemprende vai dirixido a:
 
Todos os centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan os niveis de educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, programas de cualificación profesional inicial, ensinanzas para persoas adultas, formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, e ensinanzas deportivas.
 
Todos os membros da comunidade educativa: alumnado, profesorado, persoal orientador, familias, centros e calquera outro axente que interveña no sistema educativo e que poida incidir na cultura do emprendemento e a empresarialidade.

Documentación relacionada
[file] plan_eduemprende_gal.pdf