Proxecto MATES
O proxecto MATES (Maritime Alliance for fostering the European Blue Economy through a Marine Technology Skilling Strategy) é una iniciativa liderada polo Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR e cofinanciada polo programa Erasmus + da Unión Europea, cuxo obxectivo é elaborar un plan estratéxico que mellore a competitividade da industria das tecnoloxías marítimas en Europa a través dunha adecuación das formacións existentes.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten unha participación activa no proxecto contribuíndo á fase preparatoria de busca e documentación de expertos, o establecemento da liña estratéxica de actuación e definición das necesidades futuras do sector marítimo.
Como administración responsable da xestión da formación profesional da Comunidade Autónoma, a Consellería participará cunha selección de profesorado experto en construción naval e as enerxías renovables que participará nos talleres desta Comunidade Autónoma, nas conferencias internacionais e na conferencia final.
A Consellería liderará o experimento piloto Freeboard e o Curso de Enerxía Eólica. Ademais, terá un papel activo nas actividades de difusión e contribuirá á coordinación do proxecto formando parte da comisión de xestión.
Consorcio
MATES reune os esforzos de 17 socios procedentes das comunidades educativas e científicas, a industria e a administración, de 8 países de Europa.
Coordinador: Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR.
Socios galegos: a Consellería de Cultura, Educación e Universidade; a Universidade da Coruña; a Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME) e CT Ingenieros A.A.I., S.L.
Socios internacionais: Ghent University, Aquatera, Aqualex, Aquatt, Indigo Med, Asime, Aquatt, Fundo Regional para a Ciência e Tecnologia, Strathclyde University, University of Amsterdam, Fórum Oceano, Foundation Wegemt, Cosnav Engineering e Certh.
Resultados
MATES pretende determinar de que maneira un mellor coñecemento do medio mariño e dos seus recursos por parte dos futuros profesionais desta industria, a diferentes niveis, pode ter efectos positivos sobre a competitividade, sobre a identificación e o desenvolvemento de novos mercados, sobre a gobernanza ou sobre a imaxe dos sectores que, como a construción naval ou as renovables offshore, desenvolven a súa actividade neste contexto.
Como resultado búscase cubrir as necesidades formativas actuais e futras dos sectores da construción naval e as enerxías renovables, mellorando a súa competitividade e capacidade de adaptación aos retos do futuro.
- Páxina web do proxecto
- Resultados do CIFP Universidade Laboral
- Resultados do CIFP Ferrolterra
- Resultados do CIFP Someso
Temporalidade
Desde xaneiro de 2018 ata decembro de 2021 (48 meses).
Máis información
- Xornada de lanzamento do proxecto. Febreiro de 2018, Bruxelas
- Reunión do comité directivo no Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR. Setembro de 2018
- V Conferencia anual da plataforma de partes interesadas do Atlántico (ASPC2018)
- Obradoiro de validación do proxecto. Maio de 2019, Bruxelas
- Conferencia "Construción naval: Historia dunha innovación constante". Novembro de 2021, CIFP Someso
- Vídeo con resultados do CIFP Ferrolterra