V Conferencia anual da plataforma de partes interesadas do Atlántico (ASPC2018)
Os próximos 23 e 24 de outubro celebrarase no Auditorio do Mar de Vigo a V Conferencia anual da plataforma de partes interesadas do Atlántico (ASPC2018), que se centrará en accións para impulsar o emprego xuvenil no ámbito marítimo e reunirá a líderes políticos, agrupacións marítimas, empresas, institucións académicas, doantes de fondos e investidores de todo o litoral atlántico.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional participará como un dos socios do proxecto MATES (Maritime Alliance for fostering the European Blue Economy through a Marine Technology Skilling Strategy) mediante a instalación dun estand onde difundirá a Formación Profesional en Galicia, xunto a unha mostra dalgúns dos proxectos pilotos que se están a desenvolver no seo do mencionado proxecto, como son o do CIFP de Someso (Proxecto Efecto Magnus) e o do CIFP de Ferrolterra (Proxecto Francobordo).