Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2021-2022

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

Orde do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Corrección de erros. Orde do 5 de abril de 2013

Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021-2022

  • Resumo da normativa (Pendente de publicación)

Relación de ciclos e prazas obxecto desta convocatoria

  • Oferta clasificada por provincia e concello (Pendente de publicación)

 

Requisitos das persoas solicitantes

Cumprir os requisitos de acceso establecidos na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (basicamente, para ciclos medios, título de formación profesional básica, título da ESO ou proba de acceso; para ciclos superiores, ter título de técnico de formación profesional, título de bacharelato da LOE ou da LOXSE, ou proba de acceso), e ademais:

– Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnico

– Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico

Con carácter xeral, non estar matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.

Non estar en posesión dun título de formación profesional declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, obxecto da proba.

Excepcionalmente, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas poderán matricularse para a realización das probas libres en módulos profesionais do mesmo ciclo formativo:

  • sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba.
  • ata un máximo de tres módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre e cando non estean matriculadas neles no mesmo curso de realización da proba.

Tamén poderán matricularse de xeito excepcional, no caso de houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, ás persoas que superasen o módulo de Formación en centros de traballo, e no caso dos ciclos de grao superior tamén o módulo de Proxecto, nos períodos extraordinarios establecidos no artigo 6.4 da Orde do 28 de febreiro de 2007, de setembro-decembro e de xaneiro-marzo, do mesmo curso escolar en que teña lugar a convocatoria de probas libres.

Coa finalidade de facilitar a formación permanente, a integración social e a inclusión de persoas e de grupos desfavorecidos no mercado de traballo, se houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais as persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, teñan acreditada:

– Experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.

Lugar de presentación de solicitudes

As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres de formación profesional presentaranse na secretaría de calquera centro público en que se oferten probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

A solicitude poderá realizarse mediante o asistente informático vía web. Logo de realizada, a aplicación informática xera un impreso de solicitude.

- No caso de solicitantes xa autenticados no contorno "edu.xunta.es" que non teñan que achegar documentación, o sistema xera un impreso xa validado, co texto de que non é necesario entregalo nun centro educativo para a súa validación. Deste xeito remataría a finalización da presentación da solicitude nas probas libres para a obtención de títulos de FP LOE. A copia impresa conservarase como resgardo da realización da solicitude.

- En calquera outro caso, o sistema xera un impreso de solicitude que terá que ser entregado para a súa validación en calquera centro educativo de Galicia con oferta de ciclos de formación profesional sostida con fondos públicos. Se este impreso non se entrega en prazo, a solicitude non terá carácter oficial e non se considerará realizada para os efectos da admisión.

  • Instrucións sobre como realizar a solicitude web (Pendente de publicación)
  • A solicitude web realizarase usando o asistente informático na seguinte ligazón: Asistente informático (Solicitude web)
    (Activo soamente durante os períodos de solicitude)

 

Documentación relacionada

  • Impreso de solicitude para as probas libres a ciclos formativos de formación profesional (anexo I)
  • Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, do Instituto Social da Mariña ou da mutualidade laboral en que se teña afiliación, onde conste a empresa, o grupo de cotización e o período de contratación (vida laboral) 
  • Certificación da empresa en que se adquirira a experiencia laboral, que reflicta especificamente a duración dos períodos de prestación de servizos, a categoría laboral, a actividade desenvolvida, o período en que se realizara a devandita actividade e os ciclos formativos relacionados (anexo II)
  • Se quen solicita xa ten módulos superados do ciclo formativo, deberá presentar a correspondente certificación acreditativa 
  • Se ten 19 anos e un título de técnico, deberá presentar o depósito do título de técnico (só no caso de solicitar ciclos formativos de grao superior) 
  • Se solicita adaptación da proba por recoñecemento de necesidades educativas especiais, xuntará o certificado do recoñecemento do grao de minusvalía e ditame técnico facultativo 
  • Impreso de solicitude de matrícula, que deberá presentarse logo de resultar admitido/a e durante o período establecido (Pendente de publicación)

 

Prazo de solicitudes de admisión

Unicamente poderá presentar a solicitude de admisión quen cumpra os requisitos de acceso no período da inscrición.

Prazo de presentación de solicitudes de admisión pendente de publicacións

  • Calendario de admisión (Pendente de publicación)

 

Solicitudes de inscrición

 

Listaxes do procedemento de probas libres

- Listaxe provisional de solicitantes.

  • Listaxe provisional (Pendente de publicación)

– Listaxe definitiva de solicitantes.

  • Listaxe definitiva (Pendente de publicación)

– 1ª adxudicación ordinaria: listaxe de persoas admitidas.

  • Listaxe 1ª adxudicación ordinaria (Pendente de publicación)

– Prazas vacantes de probas libres.

  • Prazas vacantes (Pendente de publicación)

Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente.

Etiquetas: 
Tema: