Información xeral das probas de acceso a grao superior

Introdución

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

A proba divídese en dúas partes:

- Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas.

- Parte específica:

  • Opcion A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía.
  • Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.
  • Opción C: ciencias da terra e ambientais, química, e bioloxía.

A proba dará lugar á obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.

No caso de superación da proba, a devandita certificación incluirá a relación de familias profesionais ás que se poderá acceder, nas condicións de admisión que se establezan.

Para quen realizase a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non a superase na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco nas convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos de Galicia durante os dous anos seguintes.

Existirá unha porcentaxe de reserva de prazas por cada centro e ciclos para as persoas que accedan pola cota de proba de acceso. A adxudicación de praza estará condicionada pola cualificación obtida na proba.

Acceso á nota informativa (actualizado o 09/01/2024)

Contidos de referencia e criterios de avaliación

Na seguinte ligazón pódense consultar os contidos de referencia e criterios de avaliación das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior para a convocatoria actual.

Acceso ao documento (actualizado o 15/11/2016)


Materiais de probas de acceso

Na seguinte ligazón pódense consultar os exames das convocatorias anteriores de proba de acceso a ciclos superiores.

Exames de convocatorias anteriores


Lugar de presentación da solicitude

As solicitudes poderanse presentar en calquera centro público dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades con oferta de Formación Profesional.


Normativa de referencia

Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (Acceso á normativa de probas)

Tema: