Plan de Orientación Profesional

 

A información e a orientación profesional están a cobrar unha importancia crecente na sociedade actual debido aos profundos e constantes cambios producidos no ámbito social, laboral e tecnolóxico, que fan necesario que as persoas conten con información e asesoramento profesional ao longo da súa vida.
 
Para posibilitar este obxectivo precísase un traballo colaborativo entre os profesionais da orientación dos distintos subsistemas, así como o establecemento dunha rede integrada dos servizos de información e orientación, coa finalidade de que os usuarios dispoñan de información e asesoramento unificado, global e accesible en materia de formación, información e cualificación profesional, tal como contempla o Plan Galego de Formación Profesional.
 
O Plan de Orientación Profesional establece as liñas básicas de actuación que han servir de referente para o desenvolvemento das accións dos equipos de orientación específicos e dos departamentos de orientación dos centros docentes. 
 
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades considera que o Plan de Orientación Profesional e o material que se inclúe nesta publicación constitúen unha ferramenta de traballo imprescindible para o adecuado desenvolvemento e potenciación das accións de orientación profesional en Galicia, favorecendo e apoiando o labor dos nosos profesionais da orientación.

Plan de orientación profesional
 
Ademais os seguintes materiais deben servir para potenciar as accións de información e orientación profesional nos centros educativos e asesorar o alumnado na toma de decisións.