Presentación da guía de "Prácticas para a igualdade de xénero na FP"
Foi presentada a guía de Prácticas para a igualdade de xénero na FP durante a xornada "Igualdade de xénero na Formación Profesional", que se desenvolveu no CIFP Politécnico de Santiago e estivo presidida pola conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, acompañada pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella.
O obxectivo da guía é difundir as boas prácticas desenvolvidas polos centros integrados de formación profesional para traballar na prevención de actitudes sexistas e discriminatorias entre o alumnado, impulsando tamén o cambio de roles, de actitudes e de estereotipos que sustentan a desigualdade de xénero.