Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Orde da convocatoria 2024.

Publicada a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Prazo de presentación de solicitudes:

Etiquetas: 

Convocatoria Erasmus+ para persoal de FP superior. Proxecto KA131-HED-000064182

Publícase a Resolución do 27 de decembro de 2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establece o procedemento para a tramitación de mobilidades de profesorado de ciclos formativos de grao superior de Formación Profesional dos centros educativos que forman parte do consorcio do proxecto 2022-1-ES01-KA131-HED-000064182 e persoal da Dirección Xeral de Formación Profesional.

O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días naturais, a contar dende o día seguinte ao da publicación da presente resolución no portal educativo.

Aulas de emprendemento na Formación Profesional. Convocatoria 2024

Convócase o programa de Aulas de emprendemento destinado a centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que impartan ensinanzas de Formación Profesional durante o ano 2024.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 10 de xaneiro ata o 20 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Premios a proxectos de innovación na Formación Profesional. Convocatoria 2024

Publicada a convocatoria de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 9 de xaneiro ata o 19 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Etiquetas: 

Convocatoria para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada 2024

Convócase o programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o ano 2024.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 9 de xaneiro ata o 19 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Exención da taxa de asesoramento e da taxa de avaliación do Procedemento ARA

No DOG Núm. 246, do venres 29 de decembro de 2023, publicouse a Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

No capítulo II desta lei, que trata dos tributos propios, o artigo 6.2 modifica o apartado 10 do artigo 23 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Resolución definitiva de proxectos de formación do profesorado de FP e ensinanzas de réxime especial 23/24

Publicada a resolución definitiva de proxectos de formación presentados á convocatoria do 14 de setembro do 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convocan proxectos de formación do profesorado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial que se van a implantar no curso 2023-2024 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades.

Proposta provisional de resolución do concurso Eduemprende Idea 2023

Publicada a proposta provisional de resolución do concurso Eduemprende Idea 2023, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos (Orde do 9 de novembro de 2023).

Ábrese un prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ao desta publicación para que as persoas interesadas poidan presentar alegacións ou emendas da forma prevista no artigo 7 da orde de convocatoria.

Etiquetas: 

Avaliación de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para profesorado

Publicada a resolución de avaliación da comisión de selección e avaliación de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2023 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.

Resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza FCT ou FP dual

Publicada no DOG a Orde do 28 de novembro de 2023 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual, convocadas pola Orde do 19 de xullo de 2023.

Etiquetas: 
Distribuir contido