Exención da taxa de asesoramento e da taxa de avaliación do Procedemento ARA
No DOG Núm. 246, do venres 29 de decembro de 2023, publicouse a Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.
No capítulo II desta lei, que trata dos tributos propios, o artigo 6.2 modifica o apartado 10 do artigo 23 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo o novo texto do apartado 10 quedan exentas da taxa por servizos, nas actuacións en materia de competencia profesional, ás seguintes persoas:
- As que participen na fase de asesoramento do procedemento para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, regulado no Real decreto 659/2023, do 18 de xullo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de Formación Profesional.
- As que participen na fase de avaliación de unidades de competencia do procedemento para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, regulado no Real decreto 659/2023, do 18 de xullo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de Formación Profesional.
Etiquetas: