A empresa Toyota dona un vehículo ao CIFP Politécnico de Santiago. Galería de imaxes

Entre as accións previstas no convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Toyota España, sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional se contempla a implementación do proxecto T-TEP no CIFP Politécnico de Santiago. Polo que a empresa porá a disposición do centro materiais didácticos específicos da marca TOYOTA  que non se comercializan, co obxecto de conseguir mediante e seu estudo un profundo coñecemento da tecnoloxía básica destes equipos.

Etiquetas: 

Probas de acceso de grao superior. Resolución de exencións. Listaxe provisoria.

Resolución de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Listaxe provisoria.

Ver documento

Etiquetas: 

Probas de acceso de grao medio. Preguntas frecuentes

Probas de acceso de grao medio. Recompilación das preguntas máis salientables.

Ver documento

Etiquetas: 

Probas de acceso. Composición do tribunal

Resolución do 10 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se nomea e se fai pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional, para o ano 2012.  

Etiquetas: 

Carta Erasmus 2013. Aberto o prazo de solicitude

Publicouse no diario oficial da Unión Europea DOUE, con data 14 de febreiro, a convocatoria de propostas para a obtención da Carta Erasmus 2013.  O prazo de presentación de solicitudes rematará o 29 de marzo

Deberán presentar a solicitude aqueles centros educativos que non teñan carta erasmus e queiran solicitala, e os que desexen ampliar o tipo de carta, co fin de acceder a outro tipo de mobilidades.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Listaxes definitivas de persoas inscritas

Convocatoria: ordinaria 2012

Listaxes definitivas de persoas inscritas nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Ver as listaxes

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Listaxes provisorias de persoas inscritas

Convocatoria: ordinaria 2012

Listaxes provisorias de persoas inscritas nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior.

- Ver as listaxes

Xantar 2012. Salón Galego de Gastronomía e Turismo

O CIFP A Farixa e o IES Vilamarín participan en Xantar 2012, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, unha feira que acada a súa décimoterceira edición do 1 ó 5 de febreiro de 2012 e que congrega a miles de persoas, transformando o recinto de Expourense nun gran centro de restauración.

- Máis información

- Galería de fotos

Etiquetas: 

Proceso de selección para titulados superiores na familia profesional de Química

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, abrirá en breve a listaxe de contatación temporal de técnicos para o Laboratorio de Radiofármacos PET de Santiago (Ciclotrón).

Requisito: titulado superior de FP na familia profesional de Química e posuír a acreditación da capacitación de operador de instalacións radioactivas.

A acreditación podes presentala en calquera momento, -unha vez empece a funcionar a listaxe-. Para inscribirse só é preciso acreditar a titulación.

2º Campionato Galego da Formación Profesional, GaliciaSkills 2012. Aberto o prazo de inscrición

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca o II Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2012. Organizado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e enmarcado en Spainskills e na organización internacional Worldskills, Galiciaskills 2012 pretende darlle unha maior proxección e difusión á formación profesional que se imparte na nosa comunidade autónoma.

Prazo de inscrición: 1 de febreiro ata o 31 de marzo de 2012.

Etiquetas: 
Distribuir contido