Iacobus-FP: intercambios Galicia-Norte de Portugal para profesorado. Amplíación do prazo

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia - Norte de Portugal (GNP-AECT), como entidade xestora do Programa IACOBUS-FP, convoca o programa IACOBUS-FP destinado a desenvolver un sistema de intercambio transfronteirizo de profesores, entre Centros Públicos de Formación Profesional da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal coa finalidade de favorecer o achegamento das competencias profesionais entre as dúas rexións para facilitar a equiparación de titulacións de Formación Profesional.

Convocados os premios extraordinarios de FP de GS correspondentes ao curso 2012/13

Convócanse, por proposta da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2012/13 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia e que os rematou no ano 2013.

Etiquetas: 

Materiais didácticos en galego para a Formación Profesional

Publicación dun recurso multimedia para a familia profesional de Transporte e mantemento de vehículos, en concreto, para traballar a prevención de riscos laborais nun taller de automoción.

O recurso consta de dúas partes:

Etiquetas: 

Escola Cooperativa Móbil

A Escola Cooperativa Móbil é un aula itinerante que forma parte da campaña de divulgación de cooperativas promovida pola Consellería de Traballo e Benestar, que ten como obxectivo dar a coñecer as vantaxes do modelo cooperativo para sacar adiante os novos proxectos empresariais aos estudantes de Formación Profesional, aos de Ensino Secundario Obrigatorio e de Bacharelato, e as persoas que estean a realizar un curso de formación ocupacional.

Etiquetas: 

Certificación de calidade aos Centros Integrados de Formación Profesional

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asistiu ao acto de recoñecemento da certificación de calidade na norma UNE-EN-ISO 9001:2008 aos 17 centros da Rede de Centros Integrados de Formación Profesional.

Durante o encontro, realizado no centro CIFP A Farixa de Ourense, o conselleiro destacou o labor que están a realizar os Centros Integrados de FP.

- Máis información.

Etiquetas: 

FP a distancia: listaxes da 2ª adxudicación ordinaria

Nos seguintes documentos pódense consultar a listaxe da 2ª adxudicación ordinaria para os ciclos formativos de grao medio e superior na modalidade a distancia. Nestas listaxes poderanse comprobar as persoas que teñen unha praza adxudicada.

O prazo para a matriculación finalizará o día 5 de agosto as 13:00 h.

Etiquetas: 

Relación de centros que conformarán a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2024-2025

 

Publicada a Resolución do 10 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a relación de centros que conformarán a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2024-2025 e a relación das persoas responsables da dinamización, no marco do Plan de recuperación, trans-formación e resiliencia.

Etiquetas: 

Convocatoria de mobilidades Erasmus+ para alumnado de FP de grao básico e grao medio no curso 2024-2025

Publicada a Resolución do 10 de setembro de 2024 da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade no curso 2024-2025 para o alumnado de ciclos formativos de grao básico e grao medio de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+ 2023-1-ES01-KA121-VET-000147461.

Convocatoria de programas do Plan Eduemprende 2024-2025

Publicada a Resolución do 10 de setembro de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se regula o Plan Eduemprende e se establecen as bases para a participación dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional durante o curso 2024-2025.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 13 de setembro ata o 14 de outubro de 2024, ambos os dous incluídos.

Etiquetas: 
Distribuir contido