Galicia Skill 2012, Skill Fresaxe. Reportaxe gráfica

O martes, 16 de outubro, tivo lugar a terceira xornada de competición do II Campionato Galego de Formación Profesional, Galicia Skill 2012 co Skill Fresaxe. A competición realizouse no IES Politécnico de Vigo.

A proba consistíu na elaboración dunha peza para o que debían realizar:
• Peza en 3D.
• Programa de CNC.
• Preparación, posta a punto, simulación e execución do mecanizado.

Dispuxeron de 5 horas; cun descanso de 30 minutos, penalizando o xurado as que se presentasen fora de tempo.

Etiquetas: 

Galicia Skill 2012, Skill de Control Industrial. Reportaxe gráfica

Onte, 15 de outubro, segunda xornada de competición do II Campionato Galego de Formación Profesional, Galicia Skill 2012 co Skill Control Industrial. A competición realizouse no IES Urbano Lugrís, A Coruña.

A proba consistiu na execución dun Proxecto de Automatización proposto polo xurado. Os participantes dispuñan de 7 horas, cun descanso de 2 horas, penalizando o xurado, aos que se presentasen fóra de tempo.

Etiquetas: 

Programa de Educación Financeira

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración coa Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), o Banco de España e a Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións pon a disposición dos centros educativos de Galicia o programa de “Educación Financeira”.

Etiquetas: 

Galicia Skill 2012, Skill de Sollado e azulexado. Reportaxe gráfica

Comezou o II Campionato Galego de Formación Profesional, Galicia Skill 2012 co Skill Sollado e azulexado. A competición realizouse no CIFP Porta da Auga, de Ribadeo.

Etiquetas: 

IES de Vilamarín no Euroskills 2012. Servizo de restaurante e bar

Guillermo González Gómez resultou gañador da medalla de prata na Skill Servizo de restaurante e bar  no Campionato Europeo de Formación Profesional, Euroskills 2012, celebrado os días 4-5-6 de outubro no Spa-Francorchamps de Bélgica. Este alumno xa obtivo a medalla de ouro na Olimpíada Nacional de Formación Profesional, Spainskills 2011, e tamén a medalla de ouro no I Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2010.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Convenio de colaboración coa cooperativa Vitivinícola do Ribeiro

A Consellería ven de asinar o convenio coa cooperativa Vitivinícola do Ribeiro polo que se impartirá o CM Aceites de oliva e viños na comarca do Ribeiro, no IES de Ribadavia. O alumnado deste ciclo recibirá parte da súa formación e as prácticas nas instalacións desta cooperativa.

Etiquetas: 

Addenda ao convenio coa Fundación Centro Oncolóxico Rexional de Galicia

A Consellería ven de asinar a addenda ao convenio coa Fundación Centro Oncolóxico Rexional de Galicia "José Antonio Quiroga y Piñeyro" polo que o alumnado do CS de radioterapia, do CIFP Anxel Casal da Coruña, recibirá parte da súa formación nas instalacións desta fundación.

Etiquetas: 

Addenda ao convenio coa Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada

A Consellería ven de asinar a addenda ao convenio coa Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada polo que o alumnado do ciclo da familia de Madeira moble e cortiza, do IES Antón Losada Diéguez, recibirá parte destas ensinanzas nas instalacións desta fundación.

Etiquetas: 

I Concurso de iniciativas de seguridade viaria por unha mobilidade segura

Stop Accidentes Galicia xunto coa Xefatura Provincial da Dirección Xeral de Tráfico invítate a participar no seu I Concurso de iniciativas de seguridade viaria por unha mobilidade segura.

Etiquetas: 

Proxectos de Formación para profesorado 2012-2013

Bases da convocatoria dos proxectos de formación para o curso 2012-2013.
Pódese consultar as persoas destinatarias,  a duración, a documentación a presentar, o lugar e o prazo de presentación de solicitudes, e máis información de interese.

 - Convocatoria proxectos de formación

Distribuir contido