I Concurso de iniciativas de seguridade viaria por unha mobilidade segura

Stop Accidentes Galicia xunto coa Xefatura Provincial da Dirección Xeral de Tráfico invítate a participar no seu I Concurso de iniciativas de seguridade viaria por unha mobilidade segura.

Trátase de desenvolver iniciativas, ideas ou proxectos de investigación en temas relacionados coa seguridade viaria, e que poidan ser levados á práctica, valorando de xeito especial a orixinalidade e a creatividade e, por riba de todo, que as propostas sexan viables para así intentar mellorar as pautas cívico-viarias da xente nova.

Poderán participar todos os estudantes residentes en Galicia, que cursen estudos de formación profesional en grao medio ou superior nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os traballos remitiránse á Xefatura Provincial de Tráfico da súa provincia antes do día 23 de novembro de 2012 ás 14:00 horas.

O premio consiste en 500€ e un iPad.

- Cartel do concurso

- Bases do concurso

- Máis información

Etiquetas: