Entrega dos premios do II Campionato Galego de Formación Profesional ‘Galicia Skills 2012’

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Xesús Vázquez Abad, presidiu o venres 9 de novembro de 2012 no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a entrega de premios do II Campionato Galego de Formación Profesional ‘Galicia Skills 2012’, que se celebrou ao longo do mes de outubro en 14 centros educativos de toda a comunidade autónoma nos que se imparte FP, e no que participaron 81 estudantes baixo a titoría de 70 profesores.

Etiquetas: 

Calendario de probas de carnés e habilitacións profesionais da convocatoria extraordinaria de 2012

Publicado o calendario de probas de carnés e habilitacións profesionais da convocatoria extraordinaria 2012.

Accedendo ao documento pdf terá indicado o carné ou certificado profedional xunto coa data de celebración da súa proba.

Premios da Primeira Competición de Eficiencia Enerxética

Entrega de premios da Primeira Competición de Eficiencia Enerxética, Schneider Electric.

Alumnado do IES As Mercedes do CS Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica, de Lugo, recibíu o galardón despois de realizar unha completa auditoría enerxética na que se analizaron os consumos de auga, electricidade, calefacción e envolvente térmica.

Etiquetas: 

Carnés profesionais. Listaxes de admitidos e excluidos da convocatoria extraordinaria

Publicadas as listaxes definitivas de admisión para a convocatoria extraordinaria relacionadas coas probas de carnés de habilitacións profesionais da convocatoria 2012.

- Listaxes definitivas.

Galicia Skills 2012, Skill Xardinaría. Reportaxe gráfica

Xa está publicada a reportaxe gráfica da sexta xornada de competición no CIFP A Granxa, de Ponteareas, do día 19 de outubro de 2012, onde se realizou o Skill Xardinaría dentro do II Campionato Galego da Formación Profesional GaliciaSkills 2012 .

Etiquetas: 

Galicia Skills 2012, Skill Deseño gráfico. Reportaxe gráfica

O venres 18 de outubro, no II Campionato Galego de Formación Profesional, Galicia Skill 2012, sexta xornada de competición co Skill Deseño gráfico. A competición realizouse no IES Leixa, de Ferrol.

Etiquetas: 

Galicia Skill 2012, Skills da familia de Transporte e mantemento de vehículos. Reportaxe gráfica.

O xoves, 17 de outubro, as competicións do II Campionato Galego de Formación Profesional, Galicia Skill 2012 trasladáronse a Ferrol. No CIFP Ferrolterra tivo lugar a quinta xornada de competición.

Realizáronse tres competicións dentro da familia de Transporte e mantemento de vehículos:

  • Skill Reparación de carrozarías.
  • Skill Tecnoloxía do automóbil.
  • Skill Pintura de vehículos.

 

Etiquetas: 

Galicia Skill 2012, Skill Deseño web. Reportaxe gráfica

O mércores, 17 de outubro, tivo lugar a cuarta xornada de competición do II Campionato Galego de Formación Profesional, Galicia Skill 2012 co Skill Deseño web. A competición realizouse no IES Muralla Romana de Lugo.

Etiquetas: 

Xuventude en Movemento

Seguindo as pautas marcadas pola Comisión Europea, a Xunta de Galicia organiza na Eurocidade Tui – Valença os actos da campaña informativa da Iniciativa “Xuventude en Movemento – Youth on the Move” os vindeiros días 26 e 27 de outubro.

Etiquetas: 

Galicia Skill 2012, Skill Coidados de beleza. Reportaxe gráfica

O martes, 16 de outubro, tivo lugar a terceira xornada de competición do II Campionato Galego de Formación Profesional, Galicia Skill 2012 co Skill Coidados de beleza. A competición realizouse no IES de Teis de Vigo.

Etiquetas: 
Distribuir contido