Galicia Skills 2012, Skill Xardinaría. Reportaxe gráfica
Xa está publicada a reportaxe gráfica da sexta xornada de competición no CIFP A Granxa, de Ponteareas, do día 19 de outubro de 2012, onde se realizou o Skill Xardinaría dentro do II Campionato Galego da Formación Profesional GaliciaSkills 2012 .
A proba consistiu na execución dun Proxecto de Axardinamento proposto polo xurado.
Dispuxose de 8 horas, de 9:30 a 19:00, cun descanso de 13:30 a 15:00, penalizando o xurado, as que se presenten fora de tempo.
Cada equipo executou o seu propio xardín. Antes do inicio da competición, os equipos participantes recibiron unha lista cos materiais e equipos que estarán dispoñibles durante a competición. Unicamente usando estes materiais, cada equipo participante deberá executar o proxecto do xardín de 5m x 5m.
O Skill stivo patrocinado por:
- Covelo Reigos | - Bloque arquitectónico Covelo | ||
- Viveiros Canedo | - Máis xardín | ||
- Viveiros adoa | - Ferretería El Puente | ||
- Elena Pérez |