Relación de centros que conformarán a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2023-2024

 

Publicada a Resolución do 14 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a relación de centros que conformarán a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2023-2024.

Etiquetas: 

Admisión FP. Ciclos de grao básico con prazas dispoñibles

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos de grao básico de formación profesional con prazas vacantes desde desde o mércores 6 de setembro ata as 13:00 horas do venres 22 de setembro de 2023.

Etiquetas: 

Resolución pola que se da continuidade e se amplía a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2023/24

Publicada a Resolución do 5 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se dá continuidade e se amplía a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2023/24, convocada pola resolución do 27 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.

Etiquetas: 

Admisión a ciclos formativos. 3ª adxudicación ordinaria. Convocatoria curso 2023-2024

Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

Etiquetas: 
Tema: 

Convocatoria de axudas económicas para o alumnado que realiza FCT ou FP dual

Publicada a Orde do 19 de xullo de 2023 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (código de procedemento ED202A).

As solicitudes xunto co resto dos anexos requiridos serán facilitados ao alumnado polo centro educativo en que estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo.

Etiquetas: 

Convocatoria do programa Retorna Talento FP 2023-2024

Publicada a Orde do 4 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o programa Retorna Talento FP, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional que se inicien no curso académico 2023/24 en centros educativos de Galicia (código de procedemento ED333B).

Etiquetas: 

Listaxe definitiva de centros e ensinanzas de formación profesional plurilingües. Convocatoria 2023/2024

Publicada a Resolución do 27 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a relación de centros autorizados para impartir ensinanzas de formación profesional plurilingües, así como os ciclos formativos e cursos de especialización autorizados, no curso 2023/24, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Etiquetas: 

Proxectos de formación. Resolución de avaliación. Curso 2022-2023

Publicada a Resolución de avaliación da comisión de selección e avaliación de proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional correspondente á convocatoria do curso 2022-2023.

Admisión a ciclos formativos. 2ª adxudicación ordinaria. Convocatoria curso 2023-2024

Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

Etiquetas: 
Tema: 

Aulas de emprendemento na FP. Centros seleccionados para participar no programa. Convocatoria 2023

Publicada a Resolución do 20 de xullo de 2023 da pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para participar no programa Aulas de emprendemento na Formación Profesional durante o ano 2023, convocado na Resolución do 23 de maio de 2023.

Distribuir contido