Elaboración do informe final coas túas preferencias

 

Xa rematou a busca de información. Suponse que agora terás máis claro cal pode ser o teu futuro profesional. De non ser así, deberías consultar co teu titor ou titora, orientador ou orientadora.

O derradeiro paso é a elaboración do informe que deberás presentarlle ao titor ou titora.

Os datos que cumprirá ter en conta para elaboralo son os seguintes:

  1. O teu nome.
     
  2. O curso no que estás na actualidade.
     
  3. Unha breve xustificación da túa opción pola familia profesional que elixiches: a familia profesional de __________ gústame porque......
     
  4. O ciclo formativo que elixiches é o porqué desa escolla.
     
  5. Os lugares onde podes estudalos.
     
  6. Que necesitas para acceder a el.
     
  7. Contas coa aprobación da túa familia?
     
     

Antes de acceder ao mundo laboral deber ter en conta que a formación é moi importante. Non esquezas nunca isto.