FPBásicaSkills 2022. Competicións
Artes gráficas

De 9:00 a 9:30. Café de benvida, acto de presentación, información xeral da competición, recoñecemento dos postos de traballo, explicación da probra, criterios de avaliación e entrega de material.
De 9:30 a 11:30. Primeira parte da competición.
De 11:30 a 12:00. Descanso.
De 12:00 a 14:00. Segunda parte da competición.
De 14:00 a 16:00. Descanso para xantar.
De 16:00 a 18:00. Terceira parte da competición.
De 18:00 a 18:30. Fin da competición, recollida de material e lugar de traballo e avaliación do xurado.
A proba de carácter práctico, consistirá na realización e resolución dunha serie de exercicios ou actividades que permitirán valorar o dominio de habilidades e técnicas empregadas polo alumnado competidor. O tempo asignado para a realización desta proba será de 6 horas distribuídas en dúas quendas de catro horas de mañá, con descanso para comer, e dúas horas de tarde.
Actividade 1. Cartafol clasificador
Realización dun cartafol tamaño 300 X 250 mm pechada, en cartón, sen lapelas, con sistema de peche con gomas. O clasificador interior de tres (3) pregos en cartolina de 240 g/m2, con oco para facilitar a apertura en distintos niveis.
Actividade 2. Libro
Proceso de elaboración dun libro, tamaño A5, encadernado en tapa dura de estilo libre. Tripa, de 16 cadernos de 16 páxinas cosidos a fío con cabezada e marcapáxinas.
Actividade 3. Caderno A5
Caderno de notas tamaño A5 encadernado en Wire-O. Portada impresa de deseño en libre en papel estucado brillo de 270 g/m2, laminada con soporte brillo a dúas caras. Contraportada en cartón con soporte para bolígrafo na cella. Interior de 80 páxinas con papel offset de 90g/m2.
Actividade 4. Carta restaurante
Carta restaurante tamaño 180 X 310 mm. Portada e contraportada en tapa dura encadernada con tres (3) parafusos. Interior de 4 páxinas en papel offset de 90 g/m2, impresas a unha cara (1/C).
Actividade 5. Téxtil
Téxtil en camiseta impresa no sistema de sublimación, tamaño máximo A4 e de deseño libre.
Actividade 6. Portafotos
Lousa impresa no sistema de sublimación, tamaño 150 x 200 mm e de deseño libre.
Informática básica:
- Tratamento de textos e imaxes.
Acabamentos e finalización de produtos gráficos:
- Procesos manuais de manipulación de produtos gráficos.
- Acondicionamento da área de traballo.
- Recursos para encadernacións.
- Acabamentos en reprografía.
![]() |