BARG11
BARG11 - Artes gráficas
Que se aprende a facer?
Realizar traballos de reprografía e operacións básicas de apoio á produción, a manipulación e a finalización de produtos gráficos, con autonomía, responsabilidade e iniciativa persoal, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas ambientais e de seguridade e hixiene no traballo vixentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
Actividades por conta allea en departamentos de preimpresión, impresión, encadernación, manipulacións e transformacións en pequenas, medianas ou grandes industrias gráficas con niveis organizativos e tecnolóxicos moi diversos. Ademais, poden exercer a súa actividade por conta propia en pequenas empresas de reprografía, ou por conta allea en empresas de artes gráficas, de multiservizos gráficos e de comunicación gráfica e visual, así como en departamentos específicos de reprografía de calquera tipo de organización. Intégrase xeralmente nun equipo de traballo, onde desempeña as súas funcións seguindo instrucións recibidas e baixo a supervisión directa dunha persoa responsable.
Que ocupacións se desempeñan?
Operario/a de reprografía; operario/a de acabamentos de reprografía; auxiliar técnico/a de máquinas e equipamentos de produción gráfica; auxiliar de taller en industrias gráficas; axudante de máquinas e equipamentos de produción gráfica; auxiliar de máquinas e equipamentos de produción gráfica; operario/a de manipulacións de papel, cartón e outros materiais; operario/a de oficios auxiliares de papel, cartón e outros materiais; manipulador/ora de produtos de xigantografía; peón da industria gráfica.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP3125 | Acabamentos en reprografía e finalización de produtos gráficos | 177 | 6 | |
1º | MP3005 | Atención á clientela | 58 | 2 | |
1º | AM3009 | Ciencias aplicadas I | 175 | 6 | |
1º | AM3011 | Comunicación e ciencias sociais I | 206 | 7 | |
1º | MP3123 | Informática básica aplicada en industrias gráficas | 117 | 4 | |
1º | MP3124 | Traballos de reprografía | 177 | 6 | |
2º | AM3010 | Ciencias aplicadas II | 162 | 7 | |
2º | AM3012 | Comunicación e ciencias sociais II | 135 | 6 | |
2º | MP3129 | Formación en centros de traballo | 320 | ||
2º | MP3128 | Manipulacións en industrias gráficas | 164 | 7 | |
2º | MP3126 | Operacións de almacén en industrias gráficas | 90 | 4 | |
2º | MP3127 | Operacións de produción gráfica | 157 | 7 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).