A FP Dual; unha oportunidade de futuro

A  FP dual permite obter un título de Técnico ou de Técnico superior, combinando a formación nun centro educativo e a formación e o traballo nunha empresa. O alumnado recibirá unha remuneración en forma de bolsa polo tempo de traballo na empresa. Ademais terá maior facilidade para a súa inserción no mercado laboral, ao dominar os procesos produtivos da empresa.

Aberto o prazo de presentación de solicitudes ata as 13:00 horas do martes día 28 de xuño de 2016

As solicitudes de inscrición para participar nestes proxectos experimentais de formación profesional dual poderán entregarse en calquera centro que teña oferta de formación profesional dual autorizada e irán dirixidas ao seu director ou á súa directora.

Etiquetas: