Xornada para orientadores. A Orientación Profesional e as novas competencias profesionais

O vindeiro mércores 21 de maio realizarase no CIFP Politécnico de Santiago, en Santiago de Compostela, unha xornada formativa destinada aos profesionais da especialidade de orientación educativa.

Tratarase con especial atención as novidades lexislativas en relación á Formación Profesional, a FP Básica, a FP Dual, a orientación e admisión na Formación Profesional e as novas vías cara a empregabilidade.

Pódese realizar a inscrición no enderezo www.edu.xunta.es/fprofe utilizando como criterio de busca a referencia G1302034.

O prazo de inscrición remata o día 15/05/2014.