Xornada de formación para orientadores
Formación profesional: emprego en tempo de crise
O vindeiro mércores 24 de abril realizarase no CIFP Politécnico de Santiago, en Santiago de Compostela, unha xornada formativa destinada aos profesionais da especialidade de orientación educativa.
Tratarase con especial atención a importancia da busca de emprego en tempos de crise, o emprendemento desde o sistema educativo, a FP Dual, as probas libres para a obtención de títulos de FP, as habilitacións profesionais e o proceso de recoñecemento, avaliación e acreditación da competencia profesional da poboación traballadora.
Pódese realizar a inscrición no enderezo www.edu.xunta.es/fprofe utilizando como criterio de busca a referencia G1202022.
O prazo de inscrición remata o día 19/04/2013 (Ampliado ao 22/04/2013)