Primeiro Foro da Formación e Empresa

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estará presente no Primeiro Foro da Formación e Empresa que se realizará no Fórum Carballo o vindeiro 31 de maio e 1 de xuño en Carballo.

Trátase dunha iniciativa que reúne contidos de formación e emprego e onde se ofrece unha visión integral das oportunidades laborais e formativas na actualidade.

No stand de Formación Profesional atopará información en relación a:

  • Oferta educativa dos ciclos formativos de FP
  • Acceso á Formación Profesional
  • Itinerarios formativos e profesionais
  • Saídas académicas e profesionais
  • Acreditación de competencias, a posibilidade de acreditar oficialmente a túa cualificación profesional se tes experiencia profesional
  • Emprendemento
  • Formación Profesional Dual

Pode acceder e/ou consultar o tríptico e o cartel informativos nos seguintes enlaces:

- Tríptico

- Cartel

Información do Fórum Carballo: contacto, horarios, localización...