Proxectos KA107 2020-2023

O programa Erasmus+ 2014 - 2020 comprende os proxectos de mobilidade KA107 para o alumnado e o profesorado de ciclos formativos de grao superior. A Dirección Xeral de Formación Profesional presentou o proxecto 2020-1-ES01-KA107-079729, que foi aprobado polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) na convocatoria de 2019.

Este proxecto permitirá ao alumnado e ao profesorado dos centros de ciclos formativos de grao superior realizar mobilidades entre os países do programa e países asociados dende a data de sinatura desta resolución ata xullo de 2024 e supón unha continuidade desde a convocatoria de 2013 na participación da Dirección Xeral Formación Profesional nos proxectos de mobilidade para o alumnado de ciclos de formación profesional de grao superior.

Na xestión do proxecto participan os coordinadores de programas internacionais destes centros.

A finalidade deste proxecto é incrementar o número de mobilidades dos estudantes de ciclos formativos de grao superior nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia para que melloren a súa formación lingüística e cultural, o coñecemento de diferentes formas de produción, deseño, materiais e formas de traballo nos países asociados e institución socias en ditos países.

Resolución da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan axudas de movilidades saintes para o alumnado e profesorado de ciclos formativos de grao superior de centros docentes públicos que imparten formación profesional e que forman parte do consorcio de mobilidade que desenvolverá un proxecto KA107 con múltiples beneficiarios no marco do programa Erasmus+. Convenio 2020-1-ES01-KA107-079729. Acceda á Resolución.

Resolución da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan axudas de movilidades entrantes para o alumnado e profesorado de educación superior en institucións socias ou coas que se teña asinado o acordó interisintitucional e que esten presentes nos países asociados ao programa e que formen parte do proxecto de consorcio KA107. Convenio 2020-1-ES01-KA107-079729. Acceda á Resolución.

Información e contacto:

Asesoría de Programas Europeos FP
Correo eléctrónico: programas.europeosfp@edu.xunta.gal

Programa de acción no ámbito da aprendizaxe permanente