TopInnova
A idea xurde durante unha clase de empresa en 2º do ciclo de Proxectos de Obra Civil, cando unha profesora nos explicou que dende o Catastro se requirían os planos en coordenadas UTM, e para iso necesitaríamos traballar co GPS (Sistema de Posición amento global) para xeorreferenciar as parcelas catastrais. (xeorreferenciar, significa situar cada parcela no sistema de referencia Europeo e polo tanto mundial, de ETRS89, utilizando as coordenadas globais mundiais UTM).
Buscando información sobre as novas tecnoloxías no campo da topografía decatámonos de que aínda non son usuais nas empresas, polo que tamén é interesante empregar, ademais do GPS, os drons e as cámaras de infravermellos ou láserscanner.
Parécenos unha interesante idea de negocio e sobre todo porque se trata da profesión que queremos exercer.
Cooperativa galega de traballo asociado xuvenil dedica á realización de traballos topográficos, como comprobación de lindes, levantamentos, replanteos, utilizando tecnoloxías de dron, GPS e cámara de infrarroxos. Ao mesmo tempo, coa cámara de infrarroxos ofrecemos proxectos de realidade virtual.