Salvaxe. Entre vinos y fogones
As motivacións principais son a paixón pola gastronomía e a posibilidade de crear un negocio propio no que poder interactuar co público grazas a unha cociña aberta que permita aos clientes observar as elaboracións culinarias, e desta maneira conseguir un feedback para a mellora continua do local. Outra das razóns que nos incentiva a levalo a cabo é a situación de precariedade laboral que aínda existe no sector da hostalería, a pesar das melloras realizadas nos últimos anos, necesita que todos poñamos da nosa parte para un maior progreso na calidade de vida social e laboral dos hostaleiros.
Local de restauración con oferta de tapas tradicional con toques actuais e oferta de viños de pequenos produtores.