NeWWooD

Somos tres estudantes de deseño e amoblamento, cuxa motivación xurde a raíz de buscar un produto ou servizo innovador que aporte solucións á problemática do sector da madeira. Despois de investigar e recadar información atopamos o WPC; un material reciclado composto por madeira e plástico, o que permitirá diminuír a tala de bosques, os residuos da madeira e a reciclaxe do plástico que tanto nos preocupa.
Queremos apostar forte por este produto reciclado, que si ben xa está implantado en Ámerica, en Europa aínda está en vías de expansión.
A nosa principal actividade céntrase na decoración e a reforma de espazos, conseguindo un deseño atractivo e innovador empregando un material reciclado (WPC), con numerosas vantaxes fronte a outros materiais mais convencionais.
Englobamos todas as etapas do proceso: acondicionamento de espazos, deseño do produto e instalación.
Dedicámonos especialmente a tres actividades dentro do sector:
- Revestimento de paredes tanto parcialmente, coma na súa totalidade.
- Distribución de espazos tanto interiores como exteriores
- Instalación de suelos, interiores e exteriores.
Adaptámonos a túa demanda, tanto en deseño como económicamente, buscando sempre a solución máis óptima.