MotosNoroeste
A nosa idea xorde pola nosa paixón polo sector da automoción e máis en concreto polo motociclismo, cando, como usuarios de motocicletas, démonos conta de que falta un tipo de servizo nos actuais talleres de reparación, un servizo cun maior carácter persoal, con mais atención aos detalles en contraposición cos estereotipos tan negativos que a sociedade ten sobre os talleres de reparación e mantemento de vehículos.
MotosNoroeste é unha cooperativa galega xuvenil de traballo asociado dedicada a reparación e comercialización de motocicletas. Os servizos lévanse a cabo nun taller cunhas características especiais; taller branco.
Ofrecemos os seguintes servizos:
- Reparación de motocicletas, mantemento e preITV
- Compra/Venda motocicletas de segunda man
- Restauración motocicletas antigas
- Homologación e modificacións da motocicleta
- Potenciación de motores e centralitas
- Limpeza integral de motocicletas (motor,chasis,basculante e lamias)
O noso obxectivo principal é mellorar a calidade dos servizos do taller e engadir servizos que non se ofertan noutros talleres (taller branco, limpeza integral, preITV, homologacións).