Jorge Díez Concept

O meu nome é Jorge Díez Fernández e sempre fun unha persoa apaixonada polo mundo audiovisual. En 2014 decido estudar o ciclo superior de Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos, o cal finalizo en 2016.
Son consciente das necesidades actuais das pequenas e medianas empresas por posicionarse nas redes sociais con contido audiovisual de calidade, que ademais de darlles visibilidade, representen a imaxe corporativa e os principios da empresa.
É por iso que, tras adquirir certa experiencia laboral realizando diversos traballos en eventos e anuncios publicitarios, decido crear a miña propia empresa baixo a figura de autónomo co nome corporativo de Jorge_Díez_Art_Media.
A medio prazo, a miña intención é incorporar máis membros para crear un equipo creativo e expandirme por Galicia.
Empresa dedicada a ofrecer contido audiovisual para pequenas e medianas empresas que lles axude a visibilizarse e posicionarse creando unha imaxe de marca e unha liña corporativa que defina os seus valores.