Jalifornos

Viveiristas: 
Jorge De la Iglesia Amor
José Ángel Carreira Súarez
David Piñeiro Vazquez
Motivacións que nos levaron a emprender: 

A idea xurde a partir dos nosos estudos do ciclo de proxectos de obra civil, no que fixemos un seguimento do proceso construtivo e do funcionamento dos fornos solares e da experiencia dun integrante do grupo no relativo a esta temática, chegando á conclusión de que existe unha escasa concienciación no que se refire ó aproveitamento da enerxía solar en Galicia.

Polo tanto,  con esta investigación pretendemos impulsar desde a nosa empresa de deseño e construción de fornos e cociñas solares, a cociña ecolóxica.

Datos do centro educativo
Centro educativo: 
CIFP Someso
Situación da empresa: 
Fóra do viveiro
Titorada por: 
M. Carmen López Viña
Contacto co viveiro: 
viveiro.cifp.someso@edu.xunta.es
Forma xurídica: 
Sociedade cooperativa
Actividade económica: 
Fabricación de cociñas
Produtos/Servizos: 
Cociñas, fornos e outros productos ecolóxicos así como impartición de curtos e talleres
Descrición da empresa: 

Jalifornos é unha cooperativa galega de traballo asociado dedicada ao deseño, fabricación e comercialización de fornos e cociñas solares elaborados con cartón e madeira.

Encargámonos das etapas de:

  • Deseño dos distintos modelos dos fornos e cociñas solares.
  • Fabricación dos deseños.
  • Comercialización e venta a través de Internet, así como a distribución dos produtos doutras casas comerciais.

Ademais ofrecemos servizos complementarios como talleres, divulgación, receitarios e mantemento.

Etiquetas: 
Tema: