Galdoo Technologies S.L.

Viveiristas: 
Díaz Martínez, David
Pérez Sánchez, Juan Andrés
Motivacións que nos levaron a emprender: 

- As gañas por desenvolver un proxecto. Traballar nun proxecto dende o principio, ata conseguir darlle forma. O afán por traballar e facer as cousas ben, e o meu socio.
- Buscar e dar forma a unha idea dende cero, que poida axudar á mellorar algún aspecto da sociedade. Neste caso, a través da comparación de presupostos a través da web, e a súa vez que pymes e autónomos teñan un mellor posicionamento on-line e poidan xerar negocio a través da web.

Tamén as gañas de dirixir a miña vida  cara un emprego por conta propia, no que exista unha escalabilidade tanto profesional como do propio proxecto.

Datos do centro educativo
Centro educativo: 
CIFP Politécnico de Lugo
Situación da empresa: 
Fóra do viveiro, en funcionamento como empresa
Titorada por: 
García Díaz, Isabel
Contacto co viveiro: 
isabelgd@edu.xunta.es
Forma xurídica: 
Sociedade limitada (SL)
Actividade económica: 
Publicidade e intermediación a través da Internet.
Produtos/Servizos: 
Directorio de empresas gratuito para consultar e publicar perfiles de empresa. Por outro lado solicitudes de presupostos de diversos sectores ás que poden responder ás diferentes empresas. As empresas tamén poden publicar anuncios e ofertas baixo coste por click.
Descrición da empresa: 

Galdoo é unha plataforma web publicitaria e de intermediación na que se ofrecen servizos orientados especialmente a pymes e autónomos. O rexistro é gratuito, co que obterán un perfil de empresa público visible no noso directorio de empresas. Non hai cuotas de mantemento.

Por outro lado tamén se rexistran particulares, que deixan solicitudes de presupostos para aquelo que necesiten, ás que responden as empresas rexistradas, de maneira que poden comparar e elixir online as propostas que lles conveñan. Só teñen que pagar unha pequena comisón as empresas seleccionadas polo cliente. Ademáis, as empresas poden publicar anuncios e ofertas.  Todo isto serve para que pymes e autónomos acaden unha maior representación na web, recibindo e contactando clientes sen a necesidade de que estes teñan que atopar a propia web de cada cada empresa na Internet, polo que ten vantaxes para clietnes e para empresas e profesionais.

O noso obxectivo e manter unha imaxe social e de transaprencia, e así o deixamos ver a través das publicacións do noso Blog. http://galdoo.com/blog/

Etiquetas: 
Tema: