FAINO ESTUDIOS
![FAINO ESTUDIOS Logo da empresa do viveirista](http://www.edu.xunta.gal/fp/sites/fp/files/imagecache/Viveiros_nodo/fp/eduemprende/Viveiros/Logos/fainoestudio.png)
- A miña máxima motivación é a de traballar dunha vez por todas no que amo, o cinema. Logo de darlle moitas voltas, comprendín que o único xeito de facelo era montar algo.
Ourense é unha cidade ideal para iso, pola súa beleza e polo seu gran potencial sen explotar.
- A necesidade de traballar no meu ámbito, aproveitar a oportunidade que ofrecen os viveiros e desde xeito medrar profesionalmente na miña comunidade e darlle relevancia procurando os cambios necesarios dentro do audiovisual.
- A necesidade de traballar no meu ámbito, aproveitar a oportunidade que ofrecen os viveiros e vivir do que realmente me gusta que é o cine xunto cos meus socios, profesionais e amigos tirando cara a mesma dirección.
- Despois de anos de experiencia no sector desenvolvendo os proxectos doutras persoas, penso que é un bo momento para apostar polos nosos propios.
FAINO ESTUDO é proxecto común entre catro profesionais do audiovisual que deciden xuntarse e crear unha cooperativa multidisciplinar dentro do ámbito do audiovisual.
Con este proxecto queremos crear unha plataforma que nos permita dar solucións a un amplo abanico de propostas audiovisuais, dende iniciativas privadas ata públicas e realizar os nosos propios proxectos.