energyLar

Viveiristas: 
Ismael Albores Suárez
Juan Manuel Queiruga Vidal
Miguel Ángel Santos Mosquera
Motivacións que nos levaron a emprender: 

Somos un grupo de estudantes de proxectos de edificación e obra civil, conscientes da crise no sector en que queremos introducirnos: a construción.
Ao ir coñecendo o xeito de proxectar unha vivenda decatámonos que non se están aplicando a nivel residencial os novos sistemas de transformación enerxética, así que, decidimos reinventar o concepto de empresa construtora e buscar un nicho de mercado na nosa especialidade. Descubrimos o concepto que estabamos buscando, un tipo de vivendas que cumpría as ideas que queríamos aplicar a construción, as vivendas denominadas "Edificacións de enerxía neta cero".

Facendo unha busca exhaustiva sobre este tipo de vivenda comprobamos que de momento é un modelo pouco traballado e limitado para vivendas unifamiliares e colectivas, sendo este noso principal centro de interese.

Datos do centro educativo
Centro educativo: 
CIFP Someso
Situación da empresa: 
Fóra do viveiro
Titorada por: 
López Viña, M. Carmen
Contacto co viveiro: 
viveiro.cifp.someso@edu.xunta.es
Forma xurídica: 
Sociedade cooperativa
Actividade económica: 
Construcción de vivendas
Produtos/Servizos: 
Vivendas autosuficientes, rehabilitación e mantemento de sistemas sostibles.
Descrición da empresa: 

A nosa principal actividade céntrase na construción de vivendas autosuficientes que se abastecen coa enerxía do entorno. Levamos a cabo a totalidade das etapas do proceso construtivo; dende estudos sobre terreo que consideren para a aplicabilidade das nosas construcións ata deseño máis axeitado de vivendas unifamiliares e vivendas colectivas.

EnergyLar dedícase principalmente a tres actividades dentro do sector:

  • Construción de vivendas unifamiliares e colectivas
  • Reformas e reinstalacións de antigas redes eléctricas por uns novos sistemas eléc  tricos baseados na transformación e aproveitamento das enerxías renovables
  • Outros servizos complementarios:
    • Produtos de carácter enerxético-ecolóxico-transformador
    • Mantemento e asistencia profesional para conservación e preservación dos sis  temas
Etiquetas: 
Tema: