Ecosalón

Viveiristas: 
Elisabet Maceiras Cabaleiro
Motivacións que nos levaron a emprender: 

A idea nace a partir de varias preguntas plantexadas: como nos sentiríamos plenamente realizadas?, que melloraríamos na oferta existente?, que é o que realmente nos motiva?”

Con estas cuestións démonos conta de que existe un oco na oferta das empresas competitivas que nós queremos cubrir, tanto por un incentivo de negocio novidoso como pola motivación e convicción persoal.

O interese polo noso sector da imaxe persoal unido ao mercado ecolóxico é a simbiose perfecta para poñer os nosos coñecementos en práctica con produtos aínda por “descubrir” e tan efectivos como os das grandes marcas.

Datos do centro educativo
Centro educativo: 
CIFP Someso
Situación da empresa: 
Fóra do viveiro
Titorada por: 
López Viña, M. Carmen
Contacto co viveiro: 
viveiro.cifp.someso@edu.xunta.es
Forma xurídica: 
Empresario individual
Actividade económica: 
Centro de estética e beleza exclusivamente con tratamentos ecolóxicos
Produtos/Servizos: 
Tratamentos e cosméticos ecolóxicos e talleres de formación en cosmética ecolóxica
Descrición da empresa: 

No salón ofrecemos diversos servizos de estética con tratamentos ecolóxicos, así como unha gama de produtos bio  para o coidado da saúde e benestar dos nosos clientes.

Servizos e produtos que formarán o noso abano:

  • Manicura e pedicura (diferenciando o servizo “essencial” do servizo “relax”).
  • Masaxes de benestar con aceites esenciais ou produtos de tempada (servizo “relax”).
  • Tratamentos faciais e corporais (servizo “relax”).
  • Depilación.
  • Maquillaxe (servizo “essencial” e servizo “relax”).
  • Venta de produtos.
  • Obradoiros de cosmética natural (programados).

Todas aquelas persoas que se sintan atraídas pola estética natural e produtos ecolóxicos terán o seu espazo nos nosos talleres, así como aqueles que sintan a necesidade de desconectar do entorno e ter o seu momento “Zen”, tamén terán cabida en Ecosalón.

Etiquetas: 
Tema: