Anainar

CIFP Someso, Febreiro do 2014. Chega ós nosos oídos “Lorenea”, un Centro de Interpretación da Xardinería e da Horticultura Ecolóxica situado xunto ó Parque dos Sentidos e ó edificio do concello de Noaín (Navarra).
Esta idea chamounos moito a atención por tratarse dun edificio bioclimático que conta ó seu carón cun parque no que a xardinería e a horticultura se desenrola con técnicas ecolóxicas.
Este ano ao realizar un proxecto empresarial non o dubidamos, tiñamos que crear un “Lorenea”, ou varios, aquí. Desta idea nace Anainar, un proxecto pensado para achegar un anaco do rural galego ós concellos máis urbanos.
Adicámonos á agricultura ecolóxica. Ofrecemos cultivo e venta online de produtos con certificación ecolóxica. Impartiremos distintas actividades relacionadas coa ecoloxía que se poñen en práctica en fincas arrendadas dentro do núcleo urbano.
Ofrecemos principalmente os seguintes servizos e produtos:
- Cultivo de produtos con certificación ecolóxica fora do ámbito urbano para evitar contaminacións ou químicos procedentes de distintos medios
- Venta de produtos con certificación ecolóxica dende ``A despensa de Anainar´´
- Cursos prácticos de agricultura ecolóxica
- Parcela para cultivar produtos de maneira autosuficiente