AL4Balance
![AL4Balance-Preparación Física Logo da empresa do viveirista](http://www.edu.xunta.gal/fp/sites/fp/files/imagecache/Viveiros_nodo/fp/eduemprende/Viveiros/Logos/ivan_al4balance.jpg)
Dedícome a prescrición de exercicio físico dende fai máis de 10 anos como técnico deportivo nun ximnasio en Ourense, monitor de clases colectivas, adestrador de atletismo e adestrador persoal. Debido a esta experiencia e ao contacto cos clientes tanto no meu traballo como de outros ximnasios e centros deportivos e coas persoas do meu entorno, familia, amigos... púidenme decatar que existe unha carencia na personalización do adestramento de calidade e na realización de actividade física nestes centros por parte dun profesional do exercicio físico de referencia. As veces por unha masificación das instalacións e outras pola falta de experiencia e capacitación do persoal dos mesmos.
O meu obxectivo é planificar e coordinar mediante a figura do Adestrador Persoal todo o relacionado coa actividade física e hixiene postural das persoas e usuarios de instalacións deportivas para así manter e mellorar a súa saúde e rendemento na súa vida diaria e vida laboral.
AL4Balance nace co obxectivo de promover na sociedade un estilo de vida saudable mediante a prescrición de exercicio físico, hixiene postural, orientación nutricional e hábitos de vida. Todo isto coordinado por un Adestrador Persoal ou Preparador Físico e en colaboración cos demais profesionais da saúde (médicos, fisioterapeutas, nutricionistas). Poñendo á disposición do cliente a máxima profesionalidade, baseándonos sempre na evidencia científica máis actualizada e na experiencia e estudo na relación que teñen o exercicio físico e a alimentación coa saúde.