A1topografía

Viveiristas: 
Celso Cebreiros Gómez
José Ilidio Silva Sotelo
Motivacións que nos levaron a emprender: 

- Na orixe da idea de negocio atopamos tanto a experiencia e o coñecemento dos dous promotores no eido da topografía, a cartografía e a asistencia técnica a profesionais da enxeñería civil e a arquitectura, coma a situación concreta de este mercado na actualidade, que tras unha devastadora crise, agora apunta con un relanzamento no que é importante estar ben posicionado e ofertando un bon servicio que agrade e fidelice ó Cliente. Tamén a idea de emprender, de aproveitar o momento para autoempregarse, é definitoria para a realización de esta idea.

Datos do centro educativo
Centro educativo: 
CIFP A Farixa
Situación da empresa: 
Fóra do viveiro
Titorada por: 
Amoeiro Pérez, Marisol
Contacto co viveiro: 
vivero.cifp.farixa@edu.xunta.es
Forma xurídica: 
Sociedade civil
Actividade económica: 
CNAE 7112 - Servicios Técnicos de Enxeñería e outras actividades relacionadas có asesoramento técnico
Produtos/Servizos: 
Topografía, cartografía, delineación e xestión do territorio
Descrición da empresa: 

A nosa idea de negocio consiste na posta en funcionamento dunha empresa consultora especializada en servicios topográficos, cartográficos e de asistencia técnica, que oferte un servicio integral no eido da topografía, incluindo servicios de xestión do territorio tanto a particulares como a administracions públicas, xestorías e notarías, servicios topográficos para a execución e control de obra para empresas constructoras e servicios de topografía e delineación a empresas de enxeñería civil e estudios de arquitectura.

Etiquetas: 
Tema: